Xornada - Recoñecer, actuar e restaurar. Manual básico para afrontar as violencias machistas. 13 de maio de 2024

Recoñecer, actuar e restaurar. Manual básico para afrontar as violencias machistas

Formas de violencia de xénero

Recoñecer, actuar e restaurar. Manual básico para afrontar as violencias machistas

13 de maio de 2024
Santiago de Compostela
Xornada
Formas de violencia de xénero

Recoñecer, actuar e restaurar. Manual básico para afrontar as violencias machistas

13 de maio de 2024 Santiago de Compostela
Nesta xornada preséntase un manual para afrontar as violencias machistas. Ante a dificultade de recompilar toda a información posible sobre a violencia de xénero e a violencia sexual, así como os recursos e os programas existentes, optouse por elaborar un texto o máis áxil posible, dividido en tres apartados fundamentais: un primeiro dirixido a recoñecer as diferentes formas de violencia, un segundo centrado nos percorridos xurídicos, co obxectivo de orientar as mulleres e mozas que dan o paso de presentar unha denuncia, e por último un terceiro apartado en que se recollen programas, recursos e axudas aos que se pode acceder hoxe en Galicia.

O texto está dirixido, principalmente, a todas as mulleres e mozas que poidan atoparse nunha situación de violencia machista, mais tamén ás profesionais que todos os días traballan na prevención ou erradicación da violencia. Agardamos que este manual elaborado desde o Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello da Cultura Galega sexa unha contribución ao proxecto colectivo dos feminismos: un mundo máis xusto libre de violencias machistas.
Ficha técnica 
Xornada
Formas de violencia de xénero
Recoñecer, actuar e restaurar. Manual básico para afrontar as violencias machistas
Cando
13 de maio de 2024
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Organiza
Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CCG)
Consello da Cultura Galega