Xornada Pensarmos
Eva Veiga
O pensamento de Luísa Villalta
30 de maio de 2024
Santiago de Compostela
18:00 horas
Presentación
18:15 horas
O pensamento de Luísa Villalta
Eva Veiga dialoga con Francisco X. Fernández Naval
Eva Veiga
Poeta. Traballou dende 1985 na Televisión de Galicia cunha polifacética e intensa actividade profesional. Especializouse na dirección e presentación de programas culturais (Premio Galicia de Comunicación ou Premio de Honra Fernando Rey). Xunto aos músicos Fito Ares e Bernardo Martínez e ao artista plástico Alfonso Costa, forma o Grupo Ouriol, co que vén realizando dende 2002 diferentes espectáculos multidiscipinarios. Como actriz, interpretou a personaxe protagonista do filme A cicatriz branca, de Margarita Ledo, e participou en Nación, da mesma cineasta. Ten colaborado na escrita de guións para cinema. Publicou, entre outros poemarios, Paisaxes do baleiro (1999); A luz e as súas cicatrices (2006); A frecha azul do Teixo (2010); A distancia do tambor (2014, Premio Fiz Vergara Vilariño e Premio de Poesía da AELG); Soño e vértice (2016, Premio de Poesía do Concello de Carral e Premio da Crítica Española na categoría de poesía en galego); Silencio percutido (2016, Premio de Poesía Cidade de Ourense); Quérote canto, co poeta Baldo Ramos (2020, Premio Losada Diéguez á Creación Literaria); a antoloxía en galego, castelán e inglés SER EN (2020), e Fragor do urdido, con Francisco X. Fernández Naval (2024).
Francisco X. Fernández Naval
Ourense, 1956
Dende 1980, coa publicación do seu primeiro poemario, A fonte abagañada, desenvolveu unha carreira literaria na ficción (poesía, teatro, novela, relato e narrativa infantoxuvenil) e noutras modalidades (ensaio, guías de viaxe, guión de cine e televisión, e artigos en prensa). A súa obra foi traducida a varias linguas. Formou parte, como vogal, do Consello Directivo da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, en substitución de Luísa Villalta, e é membro da Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.