Exeria e as mulleres na Gallaecia da Antigüidade tardía

Xornada.

Exeria e as mulleres na Gallaecia da Antigüidade tardía

27 de xuño de 2024
Santiago de Compostela
Xornada

Exeria e as mulleres na Gallaecia da Antigüidade tardía

27 de xuño de 2024 Santiago de Compostela
Nos últimos anos, tanto en Galicia como no resto de Europa medra un renovado interese pola Antigüidade tardía e o seu legado. Novos enfoques, achegas e técnicas contribúen a ampliar a visión dun período complexo que, fronte a tópicos, sobresae por unha particular viveza e no que o papel das mulleres está a ser máis estudado e reivindicado. A antiga Gallaecia destaca nesta época por un notable dinamismo cultural, político e económico, no que teñen unha importante presenza os autores cristiáns, que exercen como unha ponte entre o antigo mundo clásico e as novas dinámicas do continente, xa cun poder imperial laxo e logo desaparecido. A arqueoloxía actual foi capaz de alumear tamén nos últimos anos o que anticipaban os textos deses autores: un importante volume de contactos co Mediterráneo oriental, do que fican numerosos testemuños en forma de cerámicas suntuarias, pero que puideron levar tamén xentes e ideas.

É neste ámbito no que brilla a figura da peregrina Exeria, hoxe reivindicada como a primeira muller das letras de Galicia. Autora dun coñecido Itinerario de viaxes a Terra Santa e Oriente Próximo, a figura de Exeria estivo desaparecida da historia europea ata o século XIX, cando o primeiro manuscrito da súa viaxe foi localizado nunha biblioteca de Arezzo (Italia). Desde entón, o texto incorporouse aos estudos internacionais sobre o primeiro cristianismo, o fenómeno das peregrinacións e o papel da muller na sociedade tardorromana, así como tamén ao propio imaxinario da historia de Galicia, no que xa Castelao a fixo figurar como camiñante da Santa Compaña no discurso Alba de gloria.

Esta xornada pretende dar a coñecer as últimas investigacións sobre a vida e obra de Exeria e situala no contexto actual da investigación sobre as mulleres da Gallaecia e Hispania tardoantigas, as súas vidas, a súa relación co cristianismo e a súa posición social.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado.
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Xornada.
Exeria e as mulleres na Gallaecia da Antigüidade tardía
Cando
27 de xuño de 2024
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202

Coordinación
Manuel Gago
Organiza
Consello da Cultura Galega