Xornada Pensarmos
María Belmonte Barrenetxea
O murmurio da auga: daquelas fontes a estes lodos
28 de novembro de 2024
Santiago de Compostela
18:00 horas
Presentación
18:15 horas
O murmurio da auga: daquelas fontes a estes lodos.
María Belmonte Barrenetxea dialoga con Ana Gloria Rodríguez Alonso
María Belmonte Barrenetxea
Estudou Historia na Universidad de Deusto/Deustuko Unibertsitatea e Antropoloxía na Universitat Autònoma de Barcelona. En 1995 doutorouse no Departamento de Filosofía dos Valores e Antropoloxía Social da Universidad del País Vasco/Euskal Herriko Unibertsitatea cunha tese sobre a historia das relixións. Exerce profesionalmente como tradutora técnico-literaria e intérprete. Colabora en diversas revistas literarias e medios de prensa escrita, como La Vanguardia. En calidade de autora publicou Peregrinos de la belleza. Viajeros por Italia y Grecia (2015), Los senderos del mar. Un viaje a pie (2017), En tierra de Dioniso. Vagabundeos por el norte de Grecia (2021) e El murmullo del agua. Fuentes, jardines y divinidades acuáticas (2024), todos na Editorial Acantilado.
Ana Gloria Rodríguez Alonso
Licenciada en Filoloxía Clásica pola USC (1989), universidade na que tamén cursou os estudos de doutoramento. Desde 1991 é profesora de ensino secundario na especialidade de Grego, actualmente no IES Ramón Otero Pedrayo de Ourense. Tradutora ao galego dos Elementos de Euclides, en colaboración co matemático Celso Rodríguez (Clásicos do Pensamento Universal, USC), así como da Historia de Calírroe de Caritón e as Cartas de Alcifrón (ambas na colección Vetera de Rinoceronte Editora).
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).