Álbum de Galicia
En xaneiro de 2020 o Consello da Cultura Galega presentou o Álbum de Galicia, unha colección dixital de biografías de persoas que destacaron en moi diversos ámbitos: a sociedade, a ciencia, a cultura ou a empresa. A idea é dar visibilidade e perspectiva de conxunto ás numerosas mulleres e homes, xa finados, que contribuíron de maneira significativa á sociedade galega ao longo da súa historia. En moitos casos, seguen a ser grandes descoñecidos para o público de todas as idades, de dentro e de fóra do país.As biografías do Álbum de Galicia están enriquecidas con material documental, referencias bibliográficas e contidos multimedia que permiten coñecer a obra das persoas divulgadas, pero tamén a produción intelectual existente sobre elas. Os textos e materiais están producidos por persoas expertas e son unha fonte rigorosa para acceder á vida e obra destes persoeiros. Ademais, o Álbum de Galicia permite explorar a presenza das persoas biografadas nos fondos documentais dixitalizados do Consello da Cultura Galega. O Álbum de Galicia é, xa que logo, o punto de acceso que ofrece a entidade para coñecer toda a súa produción divulgativa e investigadora ao redor de cada unha das figuras.
Visita o Álbum de Galicia
Álbum de Galicia
Toñito Blanco
Santiago de Compostela
Difusión
Toñito Blanco
Santiago de CompostelaToñito Blanco
Álbum de GaliciaO Álbum de Galicia, colección de biografías dixitais do Consello da Cultura Galega (CCG), vén de introducir unha nova entrada dedicada ao intérprete, creador cultural, director e produtor Antonio, Toñito Blanco (A Coruña, 1964 - A Coruña, 22/11/1994), “un dos artistas máis breves e influentes da Galicia dos oitenta e noventa”, segundo o describe o guionista Nico Campos, autor da entrada. Coñecido polo seu único filme La matanza caníbal de los garrulos lisérgicos, Blanco traballou tamén no eido televisivo na Televisión de Galicia (TVG) e na Televisión Española (TVE) en Galicia, cun “estilo recoñecible” ata hoxe, malia a súa prematura morte hai xa 30 anos.
Toñito Blanco foi actor, produtor, director e creador dun filme “histórico” para o audiovisual galego, aquel A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos que formaría parte da súa traxectoria, á que se lle sumarían participacións en series humorísticas como Composteláns, da TVE en Galicia, unha produción dirixida polo xornalista Xosé Manuel Pereiro, coa participación de Antón Losada e Serafín Cordeiro, na que tres estudantes compartían piso en Santiago de Compostela, ou A tumba aberta, un programa da TVG no que Blanco tiña unha sección dedicada ao mundo do cómic, rechamante polo recurso de presentar a obra “mentres ía saltando de viñeta en viñeta”. Foi na TVG onde “tamén pasou polo departamento de promocións, onde creou un estilo propio e recoñecible”.
Nico Campos destaca na entrada que, A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos foi “a súa primeira e única película falaba de xente de Galicia que despois de perder o seu gando polas cotas lácteas europeas decide defenderse comendo xente”. O filme, inspirado no xénero gore e na serie B, trata a historia dun grupo de rapaces que, á volta dun concerto, sofren unha avaría no seu coche e son acollidos por unha familia de gandeiros intoxicados polo LSD, dedicados ao canibalismo baixo o pretexto das cotas lácteas da Unión Europea. A película contou coa participación de actores como Manuel Manquiña, Juanillo Esteban, Julián Hernández, Silvia Pintos, César Strawberry, Teté Delgado ou Luisa Veira, ademais de ter na súa banda sonora temas de Siniestro Total e os Diplomáticos de Monte Alto. Na parte técnica do filme, aclara Campos, “moitísimas compañeiras e compañeiros da TVG que decidiron ir botar unha man cando fixese falta”. A rodaxe da cinta tivo as súas particularidades, xa que, “baixo a chuvia deses días, gravaban de oito da mañá a doce da noite, cun cheiro insufrible polas vísceras que se usaban tanto para o sangue, como de atrezzo improvisado para toda a casquería que precisaba a obra. Neses días de rodaxe, cada un viviu aquilo como un inferno persoal”, menciona Campos.
A entrada tamén alude con ironía o feito de que Blanco fora un “precursor” do fenómeno contemporáneo do crowdfunding, a doazón dunha pequena suma de cartos a xeito individual para o financiamento dun proxecto, cando aínda nin sequera existía este concepto. Fíxoo a través da venda duns bonos chamados VideoVil. Ao cambio de mil cincocentas pesetas (hoxe nove euros), o cliente tiña dereito a obter unha copia da película. O filme acadou éxito en festivais como a Semana do Cine Fantástico e de Terror de San Sebastián ou o de Sitges e chegou, incluso, á Moncloa. Segundo recolle Nico Campos da guionista Ana Cermeño, algunhas das cintas da película chegaron a través dela a mans de Alfredo Pérez Rubalcaba, daquela portavoz do Goberno de España, que expresou o seu interese polo filme.
A prematura morte do actor, con só 30 anos, impediu que participara nun novo programa da TVG, Xabarín Club, dirixido por Suso Iglesias e no que Blanco tiña un personaxe, o Capitán Araña, que falaba do mundo do cómic.
Álbum de Galicia
En xaneiro de 2020 o CCG presentou o Álbum de Galicia, unha colección dixital de biografías de persoas que destacaron en moi diversos ámbitos: a sociedade, a ciencia, a cultura ou a empresa. A idea é dar visibilidade e perspectiva de conxunto ás numerosas mulleres e homes, xa finados, que contribuíron de maneira significativa á sociedade galega ao longo da súa historia. En moitos casos, seguen a ser grandes descoñecidos para o público de todas as idades, de dentro e de fóra do país.
A día de hoxe, o Álbum conta con máis de 744 entradas, das cales as máis recentes son as de Begoña Muñoz Saa, Benita Silva Hermo, Suso Díaz ou María Teresa Fernández Rodríguez. As biografías do Álbum de Galicia están enriquecidas con material documental, referencias bibliográficas e contidos multimedia que permiten coñecer a obra das persoas divulgadas, pero tamén a produción intelectual existente sobre elas. Os textos e materiais están producidos por expertos e son unha fonte rigorosa para acceder á vida e obra destes persoeiros. Ademais, o Álbum de Galicia permite explorar a presenza das persoas biografadas nos fondos documentais dixitalizados do Consello da Cultura Galega. O Álbum de Galicia é, xa que logo, o punto de acceso que ofrece a entidade para coñecer toda a súa produción divulgativa e investigadora ao redor de cada unha das figuras. É tamén o resultado da unificación das coleccións biográficas temáticas do Consello da Cultura Galega, nas que desde o ano 2005 se teñen publicado álbums sobre a muller, a ciencia ou a emigración, entre outros temas.
Toñito Blanco
Difusión.Prensa
Difusión
Álbum de Galicia
Toñito Blanco
Data de publicación
Onde
Santiago de CompostelaLugar
consellodacultura.gal


