Álbum de Galicia
En xaneiro de 2020 o Consello da Cultura Galega presentou o Álbum de Galicia, unha colección dixital de biografías de persoas que destacaron en moi diversos ámbitos: a sociedade, a ciencia, a cultura ou a empresa. A idea é dar visibilidade e perspectiva de conxunto ás numerosas mulleres e homes, xa finados, que contribuíron de maneira significativa á sociedade galega ao longo da súa historia. En moitos casos, seguen a ser grandes descoñecidos para o público de todas as idades, de dentro e de fóra do país.As biografías do Álbum de Galicia están enriquecidas con material documental, referencias bibliográficas e contidos multimedia que permiten coñecer a obra das persoas divulgadas, pero tamén a produción intelectual existente sobre elas. Os textos e materiais están producidos por persoas expertas e son unha fonte rigorosa para acceder á vida e obra destes persoeiros. Ademais, o Álbum de Galicia permite explorar a presenza das persoas biografadas nos fondos documentais dixitalizados do Consello da Cultura Galega. O Álbum de Galicia é, xa que logo, o punto de acceso que ofrece a entidade para coñecer toda a súa produción divulgativa e investigadora ao redor de cada unha das figuras.
Visita o Álbum de Galicia
Difusión
Canuto Berea
Santiago de CompostelaCanuto Berea
Álbum de GaliciaCanuto José Berea Rodríguez (A Coruña, 1836 - 1891) destacou pola súa transcendencia nas esferas musical, social e política galega e do noroeste peninsular no século XIX xa que, ademais, de intérprete musical e compositor, foi director, docente, axente teatral, editor, alcalde da Coruña e dono da primeira tenda de instrumentos musicais en Galicia. A súa entrada, elaborada pola musicóloga Lorena López Cobas, acaba de incorporarse ao Álbum de Galicia, colección dixital de biografías do Consello da Cultura Galega (CCG). Ademais do texto, a entrada inclúe unha escolma de material sonoro que procede do Arquivo Sonoro de Galicia (ASG)
Descendente dunha familia “con forte presenza na cidade”, destaca López Cobas na súa entrada biográfica, a súa carreira comezou coa interpretación musical. Destacou como violinista e pianista e pronto ampliou a súa actividade ao campo da composición, sendo autor de medio cento de obras. As súas pezas, como Un sospiro e La Alfonsina, foron populares no ámbito galego, caracterizándose por se axustar aos gustos da burguesía local, especialmente en salóns e festas. Mais a súa influencia non quedou acoutada só á música. A partir de 1866, ano en que contraeu matrimonio, a súa proxección social na cidade intensificouse, destacándose tamén na política e nos negocios. Entres os cargos que ocupou, foi alcalde da Coruña, presidente da Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos (coñecido na cidade popularmente como Circo de Artesáns) e membro de diversas entidades culturais e financeiras, como a Real Academia de Bellas Artes de San Fernando ou o Banco de España. Como alcalde da Coruña, os meses que estivo no cargo, de agosto a decembro de 1889, concentráronse, sobre todo, “na mellora das infraestruturas culturais da cidade”.
A súa tenda musical, Gran Almacén de Música de D. Canuto Berea, converteuse nun referente a escala galega. Fundada na rúa Real da Coruña en 1856, no seu número 38, este comercio foi relevante, incide a entrada do Álbum de Galicia, na difusión da música e a impresión de partituras dentro do contexto local coruñés. Berea, ademais de ser un comerciante, traballou na organización de material educativo e na xestión de dereitos musicais, sendo intermediario entre compositores galegos e editoriais do estranxeiro.
A súa contribución ao desenvolvemento da música galega chegou ata a creación de bandas e orfeóns, cunha labor que abarcou todo o noroeste peninsular, facendo de Canuto José Berea alguén recoñecido e “capaz de influír en todo o noroeste peninsular”. Este artista, empresario e político faleceu prematuramente dunha forte pulmonía, pero a súa herdanza continúa a través das súas composicións e o legado da súa familia, que seguiu despois del coa actividade empresarial e musical, entre eles un descendente seu, o afamado músico Andrés Gaos Berea, que tamén conta cunha entrada no Álbum.
Álbum de Galicia
En xaneiro de 2020 o CCG presentou o Álbum de Galicia, unha colección dixital de biografías de persoas que destacaron en moi diversos ámbitos: a sociedade, a ciencia, a cultura ou a empresa. A idea é dar visibilidade e perspectiva de conxunto ás numerosas mulleres e homes, xa finados, que contribuíron de maneira significativa á sociedade galega ao longo da súa historia. En moitos casos, seguen a ser grandes descoñecidos para o público de todas as idades, de dentro e de fóra do país.
A día de hoxe, o Álbum conta con máis de 744 entradas, das cales as máis recentes son as de Antonio, Toñito, Blanco, Begoña Muñoz Saa, Benita Silva Hermo ou Suso Díaz. As biografías do Álbum de Galicia están enriquecidas con material documental, referencias bibliográficas e contidos multimedia que permiten coñecer a obra das persoas divulgadas, pero tamén a produción intelectual existente sobre elas. Os textos e materiais están producidos por expertos e son unha fonte rigorosa para acceder á vida e obra destes persoeiros. Ademais, o Álbum de Galicia permite explorar a presenza das persoas biografadas nos fondos documentais dixitalizados do Consello da Cultura Galega. O Álbum de Galicia é, xa que logo, o punto de acceso que ofrece a entidade para coñecer toda a súa produción divulgativa e investigadora ao redor de cada unha das figuras. É tamén o resultado da unificación das coleccións biográficas temáticas do Consello da Cultura Galega, nas que desde o ano 2005 se teñen publicado álbums sobre a muller, a ciencia ou a emigración, entre outros temas.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Entregarase diploma acreditativo de asistencia á xornada.
Para obter o diploma é preciso asistir ao 75% das sesións.
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Entregarase diploma acreditativo de asistencia á xornada.
Para obter o diploma é preciso asistir ao 75% das sesións.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Canuto Berea
Santiago de CompostelaLUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Entregarase diploma acreditativo de asistencia á xornada.
Para obter o diploma é preciso asistir ao 75% das sesións.
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Entregarase diploma acreditativo de asistencia á xornada.
Para obter o diploma é preciso asistir ao 75% das sesións.
Canuto Berea
Difusión.Prensa
Difusión.
Álbum de Galicia
Canuto Berea
Data de publicación
Onde
Santiago de CompostelaEnderezo
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202