Recuperemos as mans: homenaxe a María Xosé Queizán
5 de febreiro de 2025Santiago de Compostela
María Xosé Queizán escribe os seus primeiros ensaios feministas no medio dunha intensa fervenza na que conflúen a actividade organizativa e mais a experiencia vital, os azos da creación coa necesidade de actuar e a urxencia de razoar a condición das mulleres en Galicia. Por iso os seus primeiros ensaios xorden coa vontade de pensar desde a praxe. Recuperemos as mans e Evidencias, textos publicados en 1980 e 1989, respectivamente, dos que disque pouco se falou, aínda que nos abriran os ollos e nos fixeran escoitar e rachar silencios.
Este é o valor desta homenaxe, traer á actualidade o escrito pola autora, establecer un diálogo entre o tempo da primeira publicación e a actual, non tanto para comprobar aínda a vixencia ou superación de moitas das argumentacións, senón para admitir a relevancia da súa escrita naquela etapa histórica dos inicios democráticos na que comezaban a mudar comportamentos, máis que leis, que admitían algo máis a independencia económica da muller, a súa saída do privado, do doméstico, para deixar de tratala como unha menor dependente do pai ou do esposo. Ese momento en que a lingua, reducida a unha función familiar, no mundo do privado, se converte en tema e era preciso liberala. A relación entre a situación da muller e da lingua galega foi esclarecedora; como evidente e, á vez, perturbador resultou ler en Recuperemos as mans a identificación da muller coa imaxe do escravo.
Oxalá esta xornada reavive ou esperte o interese pola obra da autora e permita a entrada deses textos en novos espazos e nas lecturas das xeracións máis novas. Todo pode comezar por lle prestarmos atención á súa maneira de situarse no espazo como cidadá e como escritora e pensadora.
ASISTENCIA A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
LUGAR Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202
MAÍS INFORMACIÓN www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Xornada
Recuperemos as mans: homenaxe a María Xosé Queizán
5 de febreiro de 2025Santiago de Compostela
16:45 horas
Inauguración e presentación da reedición de Recuperemos as mans. Evidencias
17:00 horas O pensamento feminista emerxe do corpo Carme Adán
17:30 horas Comunicar, transmitir, transgredir Marga do Val
18:00 horas «Digo independencia e non autonomía»: teoría, praxe, feminismo, nación Helena González Fernández
18:30 horas
Coloquio
Modera: Inma López Silva Carme Adán Marga do Val Helena González Fernández
19:00 horas
Recital: Acende o verso a túa luz Cintaadhesiva
LUGAR Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202
MAÍS INFORMACIÓN www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
ASISTENCIA A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Xornada
Recuperemos as mans: homenaxe a María Xosé Queizán
5 de febreiro de 2025Santiago de Compostela
Solicita a túa inscrición
Recuperemos as mans: homenaxe a María Xosé Queizán