Xornada - Paisaxe cultural e patrimonio territorial.. 19 e 20 de febreiro de 2025. #1

Paisaxe cultural e patrimonio territorial.

Encontros Temáticos Transversais dende o Patrimonio Cultural

Paisaxe cultural e patrimonio territorial.

Cara a un proxecto integrado do territorio

19 e 20 de febreiro de 2025. #1
Santiago de Compostela
Xornada
Encontros Temáticos Transversais dende o Patrimonio Cultural

Paisaxe cultural e patrimonio territorial.

Cara a un proxecto integrado do territorio

19 e 20 de febreiro de 2025. #1 Santiago de Compostela
Os Encontros Temáticos Transversais dende o Patrimonio Cultural (ETTPC) xorden como unha actividade centrada na reflexión e o debate que, ao longo do bienio 2025-2026, vai xirar arredor do territorio como obxecto de análise, como ben común no que se manifesta a nosa forma de habitar o mundo, no sentido heideggeriano, e de relacionarnos.
No uso máis contemporáneo do territorio recoñécense lóxicas que sacrificaron o medio, os lugares e as identidades paisaxísticas ás urxencias do crecemento económico, pois medio e identidade considéranse como aspectos marxinais dun espazo que ocupar, cunha actitude indiferente aos valores que o caracterizan. O territorio ten unha profundidade histórica latente na nosa identidade cultural, xa que é resultado de procesos coevolutivos de longa duración entre o asentamento humano e o medio e, por iso, forma parte da nosa existencia individual e colectiva. A identidade local que se recoñece nas peculiaridades e singularidades dos lugares é unha realidade dinámica que se debe proxectar no futuro, como un potencial, unha oportunidade, un proxecto, e para iso cómpre protexela no presente.
Neste primeiro encontro imos tratar dos valores dos lugares e dos bens patrimoniais e de como constitúen un sistema vivo e complexo no que natureza e cultura son inseparables. Esta comprensión sistémica e territorial do patrimonio ten como aliado o concepto de paisaxe cultural, que desempeña un papel fundamental á hora de establecer unha estratexia para integrar a posta en valor dos lugares e dos bens patrimoniais locais nos procesos de coñecemento, ordenación, planificación e transformación do territorio orientados ao benestar social.
Recoñecer e valorizar a estrutura patrimonial do territorio, desde a mirada integradora da paisaxe cultural, afastada do consumo irreversible do medio ambiente e do territorio, contando coa participación social e cos coñecementos e valores da poboación local, está no camiño dunha necesaria autorrexeneración do territorio nas compoñentes materiais e inmateriais.

VINDEIRAS XORNADAS

ETTPC2. A sostibilidade territorial e o retorno ao lugar. O papel do territorio rural
9 e 10 de abril
Conferenciante: Joan Nogué i Font

ETTPC3. O modelo global de transición ecolóxica: desafíos e riscos para os sistemas territoriais locais
9 e 10 xuño
Conferenciante: Jaume Franquesa
Ficha técnica 
Xornada
Encontros Temáticos Transversais dende o Patrimonio Cultural
Paisaxe cultural e patrimonio territorial.
Cara a un proxecto integrado do territorio
Cando
19 e 20 de febreiro de 2025. #1
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202

Coordinación
Carlos A. Amoedo Souto
Rebeca Blanco Rotea
Teresa Nieto Freire
Relator/a
Manuel Chaín Pérez
Xosé Constenla Vega
José Antonio Cortés Vázquez
Rebeca Merino del Río
Inés Santé Riveira
Modera
Rebeca Blanco Rotea
Presenta
Carlos A. Amoedo Souto
Rebeca Blanco Rotea
Teresa Nieto Freire
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Patrimonio e Bens Culturais (CCG)