Xornada - Fronte á dor das outras. 30 de abril de 2025

Fronte á dor das outras

Debates feministas Xornada

Fronte á dor das outras

Os nesgos de xénero na enfermidade

30 de abril de 2025
Santiago de Compostela
Xornada
Debates feministas

Fronte á dor das outras

Os nesgos de xénero na enfermidade

30 de abril de 2025 Santiago de Compostela
Di Susan Sontag que todas nacemos con dous carnés, un de sa e outro de enferma, e que todas estamos destinadas a facer uso dos dous. A consciencia de que a condición da vulnerabilidade é universal e compartida debería facernos traballar en atopar recursos contra a vitimización, contra toda carga estigmatizadora, contra toda tentación de incorrer en metáforas militares, guerreiras ou apocalípticas. Porque por riba de nós paira un relato: as mulleres, as histéricas. Como se infiltra ese espectro na maneira de vivir e de ser comprendida a enfermidade, a dor no corpo feminino?

Demasiados prexuízos, demasiadas mulleres desatendidas, culpabilizadas ou mal diagnosticadas. O home vitruviano, o modelo que esmaga e homoxeneiza, está por tras de todo o imperfecto coñecemento do vastísimo campo do sufrimento feminino.

Esta xornada, centrada na enfermidade e o nesgo de xénero, tratará o universo da fibromialxia, as cifras e trazos de exclusión característicos da saúde mental ou a comercialización e adulteración da enfermidade no cancro de mama.

«Ter boa cara», ese mandato que, mesmo enferma, forza a que continúes intentando ser obxecto produtivo e desexable na engrenaxe. Por todo iso propomos esta xornada, para revisar as convencións, reivindicar a disidencia e afirmar a existencia, plena, dos corpos enfermos das mulleres.
Ficha técnica 
Xornada
Debates feministas
Fronte á dor das outras
Os nesgos de xénero na enfermidade
Cando
30 de abril de 2025
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Facultade de Medicina e Odontoloxía
Salón de Actos
Rúa de San Francisco, s/n
15782 Santiago de Compostela

Relator/a
Raquel Cocaño
Montse Fajardo Pérez
Cruz Fernández González
Emma Pedreira Lombardía
Monserrat Recalde Fernández
Pilar Ros Vila
Iria Salvande Lorenzo
Clara Valverde Gefaell
Rexina Vega
Modera
Carme Adán Villamarín
Luz Darriba
Inma López Silva
Rexina Vega
Presenta
Carme Adán Villamarín
Rosario Álvarez Blanco
María del Pilar Fernández Rodríguez
Organiza
Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CCG)
Consello da Cultura Galega
Colabora
Facultade de Medicina e Odontoloxía

Imaxe da portada: Relectura {La columna rota} Frida Kahlo, Camila Coutto