Concerto - Concerto das Letras Galegas 2025. Venres, 16 de maio de 2025 | 20:30 h

Concerto das Letras Galegas 2025

Concerto das Letras Galegas Concerto

Concerto das Letras Galegas 2025

As cantareiras e a poesía popular oral

Venres, 16 de maio de 2025 | 20:30 h
Carballo
Concerto
Concerto das Letras Galegas

Concerto das Letras Galegas 2025

As cantareiras e a poesía popular oral

Venres, 16 de maio de 2025 | 20:30 h Carballo

Convocámosvos un ano máis para nos acompañar no Concerto das Letras Galegas no serán do 16 de maio, na véspera do día grande en que todos os galegos e galegas, Galicia toda, somos chamados pola Real Academia Galega para homenaxear, nesta ocasión, as cantareiras e a poesía popular oral.

A festa lévanos a Carballo, en recoñecemento á riqueza deste patrimonio inmaterial no municipio e comarca bergantiñáns, da man dos 11 artistas procedentes da música tradicional, da popular e da moderna que conforman Do Bertau, un grupo creado expresamente para o Concerto das Letras Galegas 2025.

A agrupación renderá a súa singular homenaxe ás cantareiras e á poesía popular oral a través dun repertorio musical que comeza e remata na Costa da Morte. Con Mens e as súas Pandereteiras como lugar de partida, o percorrido lévanos por toda a xeografía galega: das terras do sur de Ourense cos canteiros de Faramontaos ao canto de Nadal de Adolfina e Rosa na comarca de Cerceda; das Mulleres de Gharghamala, en Mondariz, aos cantos de Cervantes, na montaña luguesa, con parada no Soutomaior de Maruxa das Cortellas, antes de regresar a Camariñas.

Unha viaxe a través do tempo e dos sons que configuran a banda sonora da nosa vida cotiá, cunha envoltura contemporánea a través da sonoridade do jazz.

Quen non poida gozar con nós do concerto no Pazo da Cultura de Carballo pode vernos a través do web do Consello da Cultura Galega e, ao día seguinte, na G2. Ademais, quedará dispoñible na mediateca do CCG e na plataforma dixital Agalega. Dun xeito ou outro, unídevos con nós á festa.
Ficha técnica 
Concerto
Concerto das Letras Galegas
Concerto das Letras Galegas 2025
As cantareiras e a poesía popular oral
Cando
Venres, 16 de maio de 2025 | 20:30 h
Onde
Carballo
Lugar

Pazo da Cultura de Carballo
Rúa Pan, s/n, 15100 Carballo, A Coruña

Organiza
Concello de Carballo
Concello de Carballo
Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega