Xornada - Lugares de Memoria de Galicia: historia e lembranza. 11 de xuño de 2025

Lugares de Memoria de Galicia: historia e lembranza

Xornada

Lugares de Memoria de Galicia: historia e lembranza

11 de xuño de 2025
Santiago de Compostela
Xornada

Lugares de Memoria de Galicia: historia e lembranza

11 de xuño de 2025 Santiago de Compostela
Con esta xornada, o Consello da Cultura Galega dá a coñecer o seu proxecto virtual Lugares de Memoria de Galicia, un catálogo virtual de máis de cen entradas que ao longo dos vindeiros meses e anos serán publicadas de maneira regular no seu portal na Rede. Enténdese o concepto de lugar de memoria non só como un espazo físico, senón tamén como unha referencia histórica, simbólica ou cultural que é revestida dun significado particular e cambiante por parte dunha comunidade ao longo do tempo, e que vai máis alá do seu senso orixinal. Coa presentación dun elenco de cinco exemplos iniciais, que van desde a prehistoria ata o século XX e que abranguen tanto a Galicia territorial como a da diáspora, pretendemos, grazas a esta iniciativa, profundar no coñecemento da nosa historia e do noso patrimonio, material e inmaterial, mediante unha ollada diacrónica, que pon o acento non tanto sobre os lugares en si mesmos como sobre as súas interpretacións, permanencias e legado na memoria colectiva de Galicia.
Ficha técnica 
Xornada
Lugares de Memoria de Galicia: historia e lembranza
Cando
11 de xuño de 2025
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202

Coordinación
Xosé M. Núñez Seixas
Relator/a
Xurxo Ayán Vila
Ana Cabana Iglesia
Emilio Xosé Insua López
Xosé M. Núñez Seixas
Ramón Villares
Presenta
Rosario Álvarez
Xosé M. Núñez Seixas
Organiza
Consello da Cultura Galega

Imaxe da portada: Homenaxe aos Mártires de Carral organizada polas Irmandades da Fala. Discurso de Manuel Lugrís Freire, 1931. Galiciana, Arquivo Dixital de Galicia