
Álbum de Galicia
En xaneiro de 2020 o Consello da Cultura Galega presentou o Álbum de Galicia, unha colección dixital de biografías de persoas que destacaron en moi diversos ámbitos: a sociedade, a ciencia, a cultura ou a empresa. A idea é dar visibilidade e perspectiva de conxunto ás numerosas mulleres e homes, xa finados, que contribuíron de maneira significativa á sociedade galega ao longo da súa historia. En moitos casos, seguen a ser grandes descoñecidos para o público de todas as idades, de dentro e de fóra do país.As biografías do Álbum de Galicia están enriquecidas con material documental, referencias bibliográficas e contidos multimedia que permiten coñecer a obra das persoas divulgadas, pero tamén a produción intelectual existente sobre elas. Os textos e materiais están producidos por persoas expertas e son unha fonte rigorosa para acceder á vida e obra destes persoeiros. Ademais, o Álbum de Galicia permite explorar a presenza das persoas biografadas nos fondos documentais dixitalizados do Consello da Cultura Galega. O Álbum de Galicia é, xa que logo, o punto de acceso que ofrece a entidade para coñecer toda a súa produción divulgativa e investigadora ao redor de cada unha das figuras.
Visita o Álbum de Galicia

Álbum de Galicia
Narf
De Fran Pérez a Narf, a vida dun músico galego no cambio de milenio
Mércores, 14 de maio de 2025Consellodacultura.gal
Difusión
Narf
De Fran Pérez a Narf, a vida dun músico galego no cambio de milenio
Consellodacultura.galNarf
Álbum de GaliciaO Álbum de Galicia, colección de biografías do Consello da Cultura Galega (CCG), incorpora hoxe a entrada de Francisco Xavier Pérez Vázquez (Silleda, 1968 - Santiago de Compostela, 2016). Foi un músico de rock e pospunk, e compoñente de varias bandas galegas como Los Cables, Os Quinindiolas ou A Banda da Nasa. Compuxo máis de trinta bandas sonoras para compañías como o Centro Dramático Galego, Mofa e Befa ou Trigo Limpo teatro ACERT. Traballou tamén coa compañía Chévere, na que ademais debutou como actor. Na súa madurez vital, adoptou o nome de Narf, co que explorou un enfoque artístico máis persoal e íntimo e comezou a achegarse ás músicas do mundo, o que o levou por países lusófonos e Cuba. Pepe Sendón é o autor da entrada que está dispoñible para consulta no web do CCG.
A entrada do Álbum de Galicia comeza cun percorrido polos primeiros anos da vida de Fran, un rapaz do Ensanche compostelán, fillo do éxodo rural de finais do século XX. Comeza na música grazas a unha guitarra que lle trouxeron os Reis Magos e que aprende a tocar de xeito autodidacta, principalmente con cancións dos Beatles e composicións propias. Nas fins de semana xúntase na Alameda con compañeiros seus do colexio, cos que monta a súa primeira banda de pop, Los Cables, que dá paso a Malditos Azules. Con vinte anos, despois dunha viaxe por Europa en Interrail, abandona os estudos de Física e decide vivir pola súa conta e facer da música o seu medio de vida, mergullándose na noite compostelá de 1988. Nesa época comeza a frecuentar o soto modernista do seu amigo Ángel Arijón, onde forma o grupo Nicho Barullo xunto co seu irmán Antonio Pérez e Carlos Santiago, e comezan a explorar un afterpunk filosófico. Os seus primeiros concertos teñen lugar na Facultade de Filosofía, promovidos polo profesor José Miguel Sagüillo.
Integrado na escena multidisciplinaria, alternativa e autoxestionada da cidade universitaria, coñece outros músicos e artistas como Pepe Sendón, do colectivo Favorita, con quen comeza a colaborar compoñendo a banda sonora do espectáculo Río Bravo do grupo de teatro Chévere. No ano 1992 ábrese en Santiago a sala de concertos NASA, que se inaugura coa música en directo de Fran. Sería o primeiro local alternativo de Galicia e residencia de Chévere, para quen Fran realiza as composicións sonoras para escena. Pola mesma época, conforma o grupo de rock Os Quinindiola xunto con Xelís de Toro e Juan Ramos, cos que grava a versión punk dunha cantiga de Mendiño: Esperando ao meu amigo. No ano 1995, a raíz dun programa de intercambio con Portugal impulsado pola sala NASA, entra en contacto co grupo Trigo Limpo e o espazo ACERT de Tondela, na Beira Alta; o que motiva a súa conexión con Mozambique. Con motivo da Expo 98 de Lisboa, sonoriza un espectáculo de rúa chamado Memoriar, xunto con Carlos Santiago, Xabier Olite e Sendón. A Banda da Nasa pasa a chamarse Psicofónica de Conxo e dá os primeiros concertos en Lisboa, ademais de sacar o disco Psicópolos (2000), unha colaxe sonora distópica que anticipaba o novo milenio e Internet. Cos avances tecnolóxicos do novo século, Fran crea Asisí Producións con Antonio Vázquez, con quen segue producindo bandas sonoras para grupos de teatro galegos e portugueses. En 1999 asume a dirección musical e montaxe anual de Queima e Rebentamento do Judas, dirixe a banda do circo teatral Transviriato e a música de Ascensão e queda de Zé Grotewsky en Lisboa; en 2000 leva a música de Memoriar II de Trigo Limpo á Expo de Hannover, e en 2002 edita o disco O Labirinto dos Soños e un segundo traballo coa Psicofónica de Conxo chamado Extramundi.
Despois da disolución das agrupacións musicais de Fran, este dálle a volta ao seu nome e emprende un camiño persoal como Narf en 2002. Os primeiros concertos baixo o seu novo pseudónimo teñen lugar na Borriquita de Belén e recóllense no disco Directo en Compostela, no que se inclúe unha cantiga mozambicana. Comeza a traballar coa axencia Nordesía e percorre España, Portugal, Cuba, Reino Unido e Brasil con diferentes proxectos, como o espectáculo Mundo Café, Num Avril e pechar d’olhos ou Bumba. En 2010 presenta o espectáculo a dúo Alo, irmao! no Teatro Principal de Santiago e en 2013 produce o disco Nas tardes escuras, no que reinterpreta o libro *Follas novas* de Rosalía de Castro en clave de rock. Ese mesmo ano recibe o Premio Martín Códax da Música como mellor artista do antedito xénero. En 2014 participa con Uxía nunha xira americana e grava con ela Baladas da Galiza Imaxinaria. Nese período continúa traballando no teatro co espectáculo Da Zigala a Zemambiquo, presenta con Timbila Muzimba no Womex de Compostela de 2016.
A finais do ano 2016 diagnostícanlle un cancro en estado avanzado. Malia a súa doenza, consegue saír do hospital para dar o que sería o último concerto da súa vida o 23 de outubro de 2016. O 15 de novembro dese ano falece en Santiago de Compostela.
Álbum de Galicia
En xaneiro de 2020 o Consello da Cultura Galega presentou o Álbum de Galicia, unha colección dixital de biografías de persoas que destacaron en moi diversos ámbitos: a sociedade, a ciencia, a cultura ou a empresa. Na actualidade conta con máis de 780 entradas, das cales as máis recentes son as de Felipe Ramón Cordero Carrete, Celso García de la Riega, José Fernández Vide, Paco Conesa ou Mercedes Mariño. As biografías do Álbum están enriquecidas con material documental, referencias bibliográficas e contidos multimedia que permiten coñecer a obra das persoas divulgadas, pero tamén a produción intelectual existente sobre elas. Os textos e materiais están producidos por expertos e son unha fonte rigorosa para acceder á vida e obra destes persoeiros. Ademais, o Álbum de Galicia permite explorar a presenza das persoas biografadas nos fondos documentais dixitalizados do CCG.
Narf
De Fran Pérez a Narf, a vida dun músico galego no cambio de milenio
Mércores, 14 de maio de 2025 Consellodacultura.galLUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Entregarase diploma acreditativo de asistencia á xornada.
Para obter o diploma é preciso asistir ao 75% das sesións.
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Entregarase diploma acreditativo de asistencia á xornada.
Para obter o diploma é preciso asistir ao 75% das sesións.
Narf
De Fran Pérez a Narf, a vida dun músico galego no cambio de milenio
Mércores, 14 de maio de 2025 Consellodacultura.galSolicita a túa inscrición
Narf
De Fran Pérez a Narf, a vida dun músico galego no cambio de milenio
Difusión. Mércores, 14 de maio de 2025Prensa
Difusión
Álbum de Galicia
Narf
De Fran Pérez a Narf, a vida dun músico galego no cambio de milenio
Data de publicación
Mércores, 14 de maio de 2025Onde
Consellodacultura.galLugar
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202
Ámbito
Arquivo Sonoro de Galicia (CCG)Foto cedida por Ricardo Chaves