Difusión - Prudencio Piñeiro. Luns, 14 de xullo de 2025

Prudencio Piñeiro

Álbum de Galicia

Prudencio Piñeiro

Un gran pianista e dinamizador da cultura galega

Luns, 14 de xullo de 2025
consellodacultura.gal
Difusión
Álbum de Galicia

Prudencio Piñeiro

Un gran pianista e dinamizador da cultura galega

consellodacultura.gal

Prudencio Piñeiro

Álbum de Galicia

O Álbum de Galicia, colección de biografías do Consello da Cultura Galega (CCG), incorpora hoxe a entrada de Prudencio Piñeiro Latierro (San Sebastián, 1838 - Ferrol, 1919). Pianista e dinamizador da cultura galega, autor de pezas de zarzuela, director da orquestra de Vigo, do orfeón de Pontevedra, fundador dunha academia de música na cidade e organista da igrexa parroquial de Ferrol. Nilo García Armas é o autor da entrada que está dispoñible para consulta no web do CCG.
Fillo do organista da igrexa castrense de San Francisco de Ferrol e director da orquestra de Vigo, o autor comezou a aprender música da man do seu pai. Nos seus primeiros anos como pianista interpretou zarzuelas e pezas nas diferentes festas de Pontevedra. Nesa cidade fundou tamén unha academia de música. Ao longo da súa traxectoria, colaborou con grandes intérpretes de renome e chegou a dirixir importantes agrupacións musicais do país e Portugal. García Armas, autor da entrada, salienta a participación de Piñeiro na Sociedade do Recreo Artístico de Vigo e a celebración dun concerto en Santiago, onde puido tocar con artistas como Hilario Courtier ou Eduardo Dorado entre outros grandes músicos da época.
.
Ademais da súa faceta como intérprete, compuxo pezas a partir de textos de Rosalía, como Un repoludo gaiteiro ou Como chove miudiño. Compuxo zarzuelas, vals de salón e música para orfeóns que puideron gozar as cidades de Braga, Vigo e Ponteareas. Participou ademais como xurado en certames musicais como os Xogos Florais de Ourense e desenvolveu pezas para actos relixiosos. Trala morte do seu pai, pasou a ocupar o seu posto como organista da igrexa parroquial de San Francisco de Ferrol. Na cidade departamental tamén dirixiu unha pequena orquestra para funcións relixiosas. Na mesma época presentou algunhas das súas composicións a diferentes concursos como o do diario El Heraldo de Madrid, ou a revista Arte Musical, onde obtivo varios premios e mencións.

Ao longo da súa vida mantivo unha relación profesional e persoal co compositor e editor Canuto Berea, que imprimiu algunhas das melodías do autor.
 
Difusión
Álbum de Galicia
Prudencio Piñeiro
Un gran pianista e dinamizador da cultura galega
Data de publicación
Luns, 14 de xullo de 2025
Onde
consellodacultura.gal
Ámbito
Arquivo Sonoro de Galicia (CCG)