Xornada - O pergameo iluminado: Arte, música e tecnoloxía no estudo do Códice Medieval. Venres, 3 de outubro de 2025

O pergameo iluminado: Arte, música e tecnoloxía no estudo do Códice Medieval

Seíam eu... en San Simón Xornada

O pergameo iluminado: Arte, música e tecnoloxía no estudo do Códice Medieval

Venres, 3 de outubro de 2025
Redondela
Xornada
Seíam eu... en San Simón

O pergameo iluminado: Arte, música e tecnoloxía no estudo do Códice Medieval

Venres, 3 de outubro de 2025 Redondela
PROXIMAMENTE PODES CONSULTAR OS VÍDEOS DA XORNADA

Esta xornada propón unha inmersión nas múltiples vidas do códice medieval, entendido non só como artefacto bibliográfico, senón como soporte de coñecemento e espazo de innovación visual e sonora.

Especialistas de recoñecido prestixio abordarán o estudo de manuscritos medievais esenciais para a cultura galega —como o Códice Calixtino, o Tombo A, a Crónica troiana ou os códices musicais recentemente redescubertos— desde perspectivas innovadoras que integran a historia da arte, a musicoloxía, as ciencias da conservación e as tecnoloxías dixitais.

As intervencións abordarán desde os pigmentos e técnicas de iluminación ata os sistemas de notación musical, pasando pola circulación de relatos e imaxes na Idade Media e o uso de arquivos fotográficos históricos para a documentación e interpretación dos códices.

A xornada culminará cunha conferencia dedicada aos manuscritos pedagóxicos de música, seguida dun taller práctico de iniciación ao solfexo medieval, baseado no sistema da manus musicalis ou man guidoniana: un método mnemotécnico ideado no século XI para ensinar o canto mediante xestos realizados nas articulacións da man. Como revelan recentes investigacións, este sistema tivo a súa primeira —e máis fermosa— representación monumental no coro pétreo do mestre Mateo da catedral de Santiago, auténtico testemuño do papel pioneiro de Compostela na emerxencia da polifonía e nas innovacións musicais en Europa.

A través do uso das mans como instrumento e da visualización de imaxes inéditas da nova reconstrución do coro mateano, que se está a realizar no marco do proxecto KosmoTech_1200 (USC-CISPAC), os asistentes terán a oportunidade de habitar, de novo, ese marabilloso escenario en-cantado deseñado polo mestre Mateo.
Ficha técnica 
Xornada
Seíam eu... en San Simón
O pergameo iluminado: Arte, música e tecnoloxía no estudo do Códice Medieval
Cando
Venres, 3 de outubro de 2025
Onde
Redondela
Lugar

Illa de San Simón
Redondela

Coordinación
Francisco Prado-Vilar
Participante
Isaac Alonso de Molina
Jorge Jiménez López
Lucía Pereira Pardo
Rosa María Rodríguez Porto
Rocío Sánchez Ameijeiras
Organiza
Concello de Redondela
Consello da Cultura Galega

Imaxe da portada: Reconstrucción 3D policromada dun dos doseis que decoraban os sitiais do coro do Mestre Mateo ©KosmoTech_1200