Xornada - Fernando Calvet i Prats: Pioneiro da biotecnoloxía en Galicia. Martes, 28 de outubro de 2025

Fernando Calvet i Prats: Pioneiro da biotecnoloxía en Galicia

Xornada

Fernando Calvet i Prats: Pioneiro da biotecnoloxía en Galicia

Martes, 28 de outubro de 2025
Santiago de Compostela
Xornada

Fernando Calvet i Prats: Pioneiro da biotecnoloxía en Galicia

Martes, 28 de outubro de 2025 Santiago de Compostela
A Real Academia Galega de Ciencias nomeou a Fernando Calvet i Prats científico do ano en 2025. O Consello da Cultura Galega, un ano máis, súmase ao recoñecemento do científico homenaxeado organizando esta xornada para coñecer e divulgar unha figura senlleira da ciencia en Galicia.

O protagonista de hoxe vive desde hai tempo no Álbum de Galicia e na escolma 30 nomes e as súas achegas, publicada en 2018. Fernando Calvet i Prats deixou unha valiosa pegada na Universidade de Santiago de Compostela, en calidade de pioneiro da bioquímica, e como promotor da biotecnoloxía en Galicia.

No marco da xornada terán lugar dúas mesas redondas: unha centrada na parte máis histórica e coa mirada multidisciplinar dos relatores, e outra que conecte a obra deste científico co sector biotecnolóxico actual.
Ficha técnica 
Xornada
Fernando Calvet i Prats: Pioneiro da biotecnoloxía en Galicia
Cando
Martes, 28 de outubro de 2025
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202

Coordinación
Pedro Merino
Elena Vázquez Cendón
Participante
Xoán Carmona
Beatriz Díaz Lorenzo
Francisco Díaz-Fierros Viqueira
Manuel Freire Rama
Ricardo Gurriarán
Xosé Luís Pastoriza Rozas
Manuel Puga Pereira
Homenaxeado/a
Fernando Calvet
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Ciencia, Tecnoloxía, Natureza e Sociedade (CCG)

Imaxe da portada: Fotografía de Fernando Calvet, ca. 1929