Xornada - Expansión e homoxeneización do espazo forestal: receita para un desastre?. Luns, 20 de outubro de 2025 - 16:30 horas

Expansión e homoxeneización do espazo forestal: receita para un desastre?

Xornada

Expansión e homoxeneización do espazo forestal: receita para un desastre?

Luns, 20 de outubro de 2025 - 16:30 horas
Santiago de Compostela
Xornada

Expansión e homoxeneización do espazo forestal: receita para un desastre?

Luns, 20 de outubro de 2025 - 16:30 horas Santiago de Compostela

20 de outubro de 2025
16:30 horas

Desde mediado o século XX, as paisaxes europeas viviron unha notable transformación. O forte declive da actividade agrícola e gandeira, que tendeu a concentrarse nas localizacións de mellores características agronómicas, fixo que tal actividade fose desaparecendo gradualmente en moitas áreas e deixase paso ás plantacións forestais e ao crecemento espontáneo da vexetación. En moitos lugares, a paisaxe pasou a estar dominada, de maneira progresiva, pola presencia de arboredo e mato, tornándose máis homoxénea. O mosaico de usos previo, creado e mantido pola acción humana, foise esvaendo xunto con boa parte dos valores ambientais e culturais que albergaba. O modelo de produción forestal foise concentrando nun número reducido de especies cunha presenza cada vez maior sobre o territorio.

Os datos recentes de uso e cuberta do solo, así como os últimos inventarios forestais, indican que se está a producir un importante incremento do volume total de biomasa vexetal presente sobre o territorio, como resultado da expansión da área total ocupada por mato e arboredo, pero tamén polo feito de seren formacións cada vez máis maduras. Notablemente, tamén está a aumentar a súa continuidade espacial, ata o punto de constituírse en moitos casos na matriz da paisaxe, só salpicada de xeito puntual por áreas de cultivo e áreas habitadas. Os datos climáticos, pola súa parte, evidencian que os episodios relativamente curtos de seca intensa e temperaturas moi elevadas serán cada vez serán máis frecuentes e cada vez máis acusados. Os casos de incendios que superan a capacidade de control por parte dos medios dispoñibles son (e serán) cada vez máis habituais.

Nesta xornada abordaranse as principais consecuencias ambientais e sociais da homoxeneización da paisaxe forestal, con especial atención á problemática do cambio no réxime de incendios. A través da intervención de diferentes expertos proporemos diversas medidas de xestión e política pública que permitan romper a continuidade espacial da biomasa forestal e, polo tanto, reducir o risco de incendios e incrementar o valor económico, cultural e ambiental das nosas paisaxes.
Ficha técnica 
Xornada
Expansión e homoxeneización do espazo forestal: receita para un desastre?
Cando
Luns, 20 de outubro de 2025 - 16:30 horas
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202

Coordinación
Eduardo Corbelle Rico
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Ciencia, Tecnoloxía, Natureza e Sociedade (CCG)

Imaxe da portada: Núcleos de poboación rodeados de masas de arboredo no concello de Rianxo. PNOA 2023 CC-BY 4.0. scne.es.