Xornada - A propósito de Anna. 27 de outubro de 2025

A propósito de Anna

Xornada

A propósito de Anna

Esas fotos pensadas para ser publicadas

27 de outubro de 2025
Santiago de Compostela
Xornada

A propósito de Anna

Esas fotos pensadas para ser publicadas

27 de outubro de 2025 Santiago de Compostela

“A propósito de Anna” é unha xornada de homenaxe á fotógrafa que produciu outra imaxe das clases sociais sen imaxe a través dun vocabulario que incorpora ese fóra de campo que son os afectos. En 1975 Anna Turbau é a primeira free-lance que chega a Galicia para labrar a súa traxectoria como fotoxornalista canda os seus esgos de autora; ela, que accede á foto dende a gráfica e dende a forma como valor de uso, rigor compositivo e incesante variación. Con esta equipaxe Anna escolle a cámara como porta de entrada para producir imaxes que dependen dese real que podes tocar e abrazar, un acto de amor que tamén está na cesión do legado do seu traballo ao Consello da Cultura Galega para a súa difusión entre nós. Por todo isto, queremos celebrar outra volta a empatía entre o real, quen o fotografa e quen o mira, tal e como fixemos coa exposición Anna Turbau. Galicia 1975-1979. A intimidade da imaxe (2017), coa curaduría de Margarita Ledo Andión, e co libro que coordinou Natalia Poncela Anna Turbau. Galicia 1975-1979.

Entre os universos da práctica fotográfica talvez o punto cero estea na toma de posición; en considerar ou non que a foto existe a partir de e facendo corpo co mundo; en ser consciente de cada escolla ao formalizar o que vai devir en imaxe. Así, o tránsito dunha fotógrafa documental cara ao real é, xa que logo, esa posibilidade de vivir nos ollos das e dos outros a través do que a singulariza no encadramento, na inscrición do xesto social, nos obxectos que connotan significados, na luz ou no punto de vista canda —seguindo a Walter Benjamin— ese pasado que alimenta o compromiso co futuro e o encontro secreto entre a xeración precedente e a de Anna Turbau.
Ficha técnica 
Xornada
A propósito de Anna
Esas fotos pensadas para ser publicadas
Cando
27 de outubro de 2025
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202

Coordinación
Margarita Ledo Andión
Participante
Pepe Baeza
Ana Cabana Iglesia
Adra Pallón
María Planas
César Portela
Ana Tomé
Chus Villar
Organiza
Consello da Cultura Galega

Imaxe da portada: Lokis, Anna Turbau, 1977