Xornada - Violencia económica. Mércores, 5 de novembro de 2025

Violencia económica

Xornada

Violencia económica

Formas de violencia de xénero

Mércores, 5 de novembro de 2025
Santiago de Compostela
Xornada

Violencia económica

Formas de violencia de xénero

Mércores, 5 de novembro de 2025 Santiago de Compostela

O Consello da Cultura Galega, desde hai xa oito anos, presenta cada novembro unha reflexión sobre as diferentes formas que toma a violencia machista. Desde os inicios do feminismo e das loitas das mulleres, a independencia económica destaca como un aspecto fundamental. Os discursos sobre o fogar como espazo para elas ou a súa incorporación só parcial ao mercado laboral volven agromar na lóxica neoliberal que se pretende impor desde diferentes altofalantes. Por mor disto, consideramos importante abrir o debate sobre o que significa a incorporación das mulleres ao mundo laboral, isto é, o que implica para a conciliación, para as pensións e para acadar a igualdade plena.

Tamén queremos mostrar que o control patriarcal ten como aliado o mercado laboral e a concepción da remuneración feminina como unha axuda ou complemento. O recoñecemento da violencia económica ou do control económico está tipificado como unha forma de violencia machista. Consideramos que iniciar este debate desde diferentes perspectivas é un compromiso coa actualidade e coas mulleres.

Nesta ocasión o programa xorde da colaboración co Consello Galego de Relacións Laborais, un espazo institucional de encontro entre sindicatos e asociacións empresariais no que se propicia o diálogo entre os axentes sociais de Galicia.
Ficha técnica 
Xornada
Violencia económica
Formas de violencia de xénero
Cando
Mércores, 5 de novembro de 2025
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202

Participante
Carme Adán Villamarín
Xosé Manuel Carril
Margarida Corral Sánchez
Luz Darriba
Cristina Fabeiro Varela
Montse Fajardo Pérez
Mónica González Otero
Inma López Silva
Fernando Lousada Arochena
Cristina Martínez Fernández
José Antonio Neira Cortés
Ana M. Pereiro Mourelo
Rebeca Pérez Pico
Emma Rodríguez
Rexina Vega
Presenta
Rosario Álvarez
Antía Sández Callejo
Organiza
Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CCG)
Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CCG)
Consello da Cultura Galega
Colabora
Consello Galego de Relacións Laborais

Imaxe da portada: Campaña