Actividade institucional - Medallas do Consello da Cultura Galega 2026. Kathleen Nora March e Francisco Díaz-Fierros. Martes, 24 de febreiro de 2026 ás 12 h.

Medallas do Consello da Cultura Galega 2026. Kathleen Nora March e Francisco Díaz-Fierros

Medallas do Consello da Cultura Galega

Medallas do Consello da Cultura Galega 2026. Kathleen Nora March e Francisco Díaz-Fierros

Martes, 24 de febreiro de 2026 ás 12 h.
Santiago de Compostela
Actividade institucional
Medallas do Consello da Cultura Galega

Medallas do Consello da Cultura Galega 2026. Kathleen Nora March e Francisco Díaz-Fierros

Martes, 24 de febreiro de 2026 ás 12 h. Santiago de Compostela
Entrada por convite e previa confirmación de asistencia.

O Consello da Cultura Galega (CCG) celebrou unha sesión plenaria no serán do xoves, 24 de outubro de 2026, na que acordou a concesión das súas medallas á filóloga estadounidense Kathleen Nora March e ao edafólogo Francisco Díaz-Fierros, en recoñecemento á súa contribución nas actividades da institución.

O plenario acordou recoñecer o traballo de Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros na promoción da lingua e cultura galega coa súa máxima distinción. As Medallas do Consello da Cultura Galega foron creadas en 2018 para recoñecer a relevancia e significación de persoas físicas que sobresaen de xeito especial nos servizos prestados ao Consello da Cultura Galega ou á cultura galega en xeral. Este recoñecemento pretende situar a importancia da diplomacia cultural e da acción exterior para o futuro da cultura galega, así como o importante peso da diáspora na conformación da imaxe da Galicia contemporánea. A entrega das medallas terá lugar nun acto presencial que se desenvolverá no primeiro trimestre de 2026.

Os anteriores homenaxeados foron Luis García Montero e Helena González en 2022; e Pablo Figueroa Dorrego, Ana Paula Laborinho e, a título póstumo, Francisco Lores Mascato, en 2018.

Os homenaxeados
Francisco Díaz-Fierros (Vilagarcía de Arousa, 1941) é doutor en Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela. Catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola nesta universidade, participou activamente na investigación sobre solos galegos, climatoloxía agraria, interacción solo-auga e o efecto dos incendios forestais. Ademais da súa actividade científica, Díaz-Fierros defendeu unha visión humanística da ciencia, realizou ensaios e traballos sobre a relación entre a ciencia, a cultura e o galego. Foi un dos membros fundadores do CCG onde tivo diferentes cargos de responsabilidade. Impulsou a creación da Sección de Ciencia e contribuíu a manter unha liña de traballo continuada que prestou atención á cultura científica e a promover publicacións científicas en galego.

Kathleen Nora March (Rochester, Nova York, 1949) é unha filóloga e investigadora estadounidense especializada en estudos hispánicos, latinoamericanos e portugueses, con especial dedicación á literatura galega. Doutorouse en Filoloxía Hispánica e foi profesora de Español na University of Maine, onde tamén dirixiu o Centro de Estudos Galegos. Boa parte da súa carreira estivo orientada á tradución, difusión e análise crítica da literatura galega, nomeadamente da obra de Rosalía de Castro, co que contribuíu de forma notable á proxección internacional da literatura galega. En 1985 fundou a Galician Studies Association, xénese da actual Asociación Internacional de Estudos Galegos, creada co obxectivo de promover a investigación no eido das letras galegas desde a academia norteamericana e despois ampliada ao ámbito internacional. No CCG foi a impulsora e coordinadora científica do proxecto Seara, un espazo web que ofrece en galego e en inglés unha escolma que percorre a historia da literatura galega.

Ficha técnica 
Actividade institucional
Medallas do Consello da Cultura Galega
Medallas do Consello da Cultura Galega 2026. Kathleen Nora March e Francisco Díaz-Fierros
Cando
Martes, 24 de febreiro de 2026 ás 12 h.
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202

Premiados
Francisco Díaz-Fierros Viqueira
Kathleen N. March
Relator/a
Ana Luna Alonso
Ramón Villares Paz
Presenta
Elena Vázquez Cendón
Preside
Rosario Álvarez Blanco