Encontro - O territorio. O modelo global de transición enerxética, desafíos e riscos sobre os sistemas locais. 3 e 4 de febreiro de 2026

O territorio. O modelo global de transición enerxética, desafíos e riscos sobre os sistemas locais

Encontros Temáticos Transversais dende o Patrimonio Cultural

O territorio. O modelo global de transición enerxética, desafíos e riscos sobre os sistemas locais

3 e 4 de febreiro de 2026
Santiago de Compostela
Encontro
Encontros Temáticos Transversais dende o Patrimonio Cultural

O territorio. O modelo global de transición enerxética, desafíos e riscos sobre os sistemas locais

3 e 4 de febreiro de 2026 Santiago de Compostela
Continuando coa programación dos Encontros Temáticos Transversais, ciclo que se desenvolve ao longo do bienio 2025-2026 centrado na reflexión e no debate arredor do territorio como obxecto de análise e ben común interxeracional no que se manifesta a nosa forma de habitar o mundo e de relacionármonos, terá lugar o terceiro encontro dedicado a analizar o impacto do modelo global de transición enerxética sobre os sistemas locais.

É necesario interrogarnos sobre os impactos que ten a aceleración das lóxicas dominantes do industrialismo enerxético e produtivo sobre o noso territorio e que atravesamos na actual conxuntura global. Tales lóxicas sitúan en risco os sistemas produtivos, a seguridade alimentaria e a identidade das comunidades orixinarias. Como se detectan e distribúen os custos destes procesos? Sobre que lugares e comunidades recaen as cargas derivadas das políticas e accións que se adoptan para avalialas e compensalas? Acuñouse o concepto de “zona de sacrificio” para referirse aos lugares sometidos a ofensivas extractivistas coa imposición de grandes proxectos que despoxan eses lugares de valores ambientais e dificultan ou impiden manter ou recuperar sistemas tradicionais de uso da terra ambientalmente sostibles e de singular valor social e cultural, a cambio de “compensacións” como as previstas na Lei 2/2024, de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia.

Temos ferramentas dispoñibles para someter os proxectos desta nova fase de desenvolvemento a control democrático por parte da cidadanía que ocupa o territorio afectado? Cabe defender un uso do territorio que contrarreste e supere esas lóxicas dominantes?
Ficha técnica 
Encontro
Encontros Temáticos Transversais dende o Patrimonio Cultural
O territorio. O modelo global de transición enerxética, desafíos e riscos sobre os sistemas locais
Cando
3 e 4 de febreiro de 2026
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202

Coordinación
Carlos A. Amoedo Souto
Rebeca Blanco Rotea
Teresa Nieto Freire
Relator/a
Joám Evans Pim
Jaume Franquesa Bartolomé
Rosa Regueiro Ferreira
Rafael Saco Fernández
Xavier Simón Fernández
Modera
Carlos A. Amoedo Souto
Presenta
Rosario Álvarez
Carlos A. Amoedo Souto
Teresa Nieto Freire
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Patrimonio e Bens Culturais (CCG)