Encontro - O territorio. Os comúns ambientais, culturais e sociais do espazo litoral: novas ameazas. 17 e 18 de marzo de 2026

O territorio. Os comúns ambientais, culturais e sociais do espazo litoral: novas ameazas

Encontros Temáticos Transversais dende o Patrimonio Cultural

O territorio. Os comúns ambientais, culturais e sociais do espazo litoral: novas ameazas

17 e 18 de marzo de 2026
Santiago de Compostela
Encontro
Encontros Temáticos Transversais dende o Patrimonio Cultural

O territorio. Os comúns ambientais, culturais e sociais do espazo litoral: novas ameazas

17 e 18 de marzo de 2026 Santiago de Compostela
O cuarto encontro temático transversal programado para o bienio 2025-2026, centrado no ámbito do territorio, está dedicado a analizar a situación do noso litoral. O territorio litoral de Galicia é comunmente destacado pola súa extensión, polas características xeomorfolóxicas das costas —de grandes diferenzas entre a parte cantábrica e a atlántica, que conta coa singularidade das súas rías—, pola riqueza dos seus ecosistemas mariños e costeiros e polas súas paisaxes. Tamén destaca a cultura marítima de Galicia, as actividades, os oficios e modos de vida relacionados co mar e o extenso e amplo patrimonio material e inmaterial que se xerou e transmitiu. Este recoñecemento non impediu, nin no pasado nin no presente, a presión sobre este territorio dos procesos de urbanización, das implantacións industriais, das infraestruturas ou do turismo.

Hoxe, en pleno proceso de cambio climático e baixo a preocupación que espertan os seus efectos sobre un dos medios naturais máis transformados do planeta pola actividade antrópica, moitas voces reclaman dedicar maiores esforzos á recuperación medioambiental do litoral e a recoñecer e valorizar a estrutura patrimonial do territorio, fuxindo da idea das paisaxes exclusivamente como representación e da dun patrimonio cultural reducido a recurso económico. Fuxindo de levar os procesos de homoxeneización tamén aos espazos litorais.

Unha visión do litoral apenas como espazo en que se concentran novas oportunidades, sexan estas para o turismo, a urbanización, a industria ou a produción enerxética, que as sitúe por riba dos valores ambientais, sociais e culturais dese territorio atendendo a criterios económicos, sen que exista un diálogo entre ambas as perspectivas, esquece a urxencia da recuperación do litoral e sitúase lonxe dunha visión ecosistémica integrada dese territorio.
Ficha técnica 
Encontro
Encontros Temáticos Transversais dende o Patrimonio Cultural
O territorio. Os comúns ambientais, culturais e sociais do espazo litoral: novas ameazas
Cando
17 e 18 de marzo de 2026
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202

Coordinación
Carlos A. Amoedo Souto
Rebeca Blanco Rotea
Teresa Nieto Freire
Relator/a
Carlos A. Amoedo Souto
Manuel Borobio Sanchiz
Elisa Gallego Picard
Verónica Sánchez Carrera
Lucía Soliño Alonso
Modera
Teresa Nieto Freire
Presenta
Rosario Álvarez
Teresa Nieto Freire
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Patrimonio e Bens Culturais (CCG)