Xornada - É posíbel un turismo sustentábel?. 30 de xuño de 2026

É posíbel un turismo sustentábel?

Xornada

É posíbel un turismo sustentábel?

30 de xuño de 2026
Santiago de Compostela
Xornada

É posíbel un turismo sustentábel?

30 de xuño de 2026 Santiago de Compostela
O desenvolvemento das actividades turísticas en Galicia foi exponencial no decurso das últimas décadas. Salienta nomeadamente o turismo de peregrinación a Compostela, pero tamén o turismo de costa (ultimamente en proceso de parcial substitución a turismo climático) e os de cruceiros que chegan a Ferrol, A Coruña e Vigo, sendo máis cualitativo e menos cuantitativo o desenvolvemento do turismo rural, turismo de natureza ou cultural e turismo de aventura.

Sen dúbida, as dimensións do fenómeno turístico nos últimos anos xeraron procesos sociais que cuestionan abertamente a sostibilidade da enxurrada turística actual e promoven a súa reformulación e mesmo a súa limitación. Este fenómeno é ben visíbel en Compostela, O Morrazo ou A Mariña. Sobre todo, mais non exclusivamente, na tempada do verán. Pola súa banda, Vigo comeza a ter sinais de saturación social na tempada das luces do Nadal. Os debates na axenda mediática, como o dos fodechinchos (verán de 2024), amosan a sensibilización social neste cuestionamento.

En canto á capital da nosa comunidade, Compostela, nunha recente enquisa da USC e da UVigo, o 50 % dos comerciantes locais mostráronse en contra do perfil actual de turismo e o 54,6 % salientaron que a súa clientela era nomeadamente local. O 93% das persoas residentes estaban en contra de dedicar a cidade histórica compostelá exclusivamente ás persoas turistas e case o 32 % preferiría outra clase de turistas, máis respectuosos cos locais e coa cidade.

Velaí que cumpra debatermos que turismo é sostíbel ou mesmo se hai turismo sostíbel. Na primeira parte do programa tres expertas debaterán sobre se existe esta sostibilidade e que tipos de turismo poden ser cualificados como tal, e pechará a xornada unha mesa redonda, coa participación dun empresario do rural, unha alcaldesa dunha vila turística galega —Allariz— e mais unha representante da asociación de veciños do barrio compostelá de San Pedro, o que quizais máis atura o continuo paso de peregrinos do Camiño Francés na tempada alta e nos anos xacobeos.

Abrimos, logo, un debate de moita actualidade, en Galicia e en Europa, dende a consulta e a participación da sociedade, da empresa, das administracións e das persoas expertas.
Ficha técnica 
Xornada
É posíbel un turismo sustentábel?
Cando
30 de xuño de 2026
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202

Coordinación
Celia Pereira Porto
Relator/a
Pau Alonso-Monasterio Fernández
Xosé Luis Carrera Valín
Cristina Cid Fernández
Melchor Fernández Fernández
Rubén Camilo Lois González
Mercedes Vázquez Bertomeu
Modera
María Elvira Lezcano González
Presenta
Mariló Candedo Gunturiz
Nieves Herrero Pérez
Celia Pereira Porto
Xoán Antonio Pérez Lema
Dolores Vilavedra
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Pensamento (CCG)

Imaxe da portada: Fileiras de xente na entrada da praia das Catedrais, Dominio público, Fernando Suárez Barcia