Ciclo Pensarmos
Pedro Vallín. IA: hai alguén ao outro lado?
24 de setembro de 2026
Santiago de Compostela
18:00 horas
Presentación
18:15 horas
IA: hai alguén ao outro lado?
Pedro Vallín conversa con Alba Meijide
Pedro Vallín
Colunga (Asturias), 1971. Periodista. Ao longo dos últimos 28 anos exerceu con versatilidade forzosa nas seccións de sucesos, local, economía, cultura e política de medios como La Nueva España, El Comercio, Metro e La Vanguardia, así como diversas páxinas web. Como periodista cultural, é un dos fundadores dos Premios Feroz, os Globos de Ouro do cinema español, e cultivou unha licenciosa forma de crónica político-cinematográfica, análises semanais de actualidade peneiradas pola cultura pop, tanto por escrito como en formato vídeo. Colabora en InfoLibre e nos programas Al rojo vivo (La Sexta) e La noche en 24 horas (TVE). Publicou o ensaio cultural ¡Me cago en Godard! (2019), a crónica política C3PO en la corte del rey Felipe (2021), as súas conversacións sobre o presente co filósofo Javier Gomá Verdades penúltimas (2023), un libro-entrevista coa IA titulado Casandra y yo (2025) e o ensaio, de próxima aparición, Contra lo genuino, unha reflexión sobre as novas mutacións antropolóxicas que conducen á barbarie política; todos en Arpa Editores.
Alba Meijide
Licenciada en Intelixencia Artificial pola The University of Manchester, onde completou os seus estudos co Master of Engineering en IA. Desenvolve a súa actividade profesional como consultora e deseñadora de proxectos baseados en intelixencia artificial, para empresas tanto nacionais como internacionais, en sectores como medicina e ciencias da saúde, efectos visuais, animación, turismo ou ámbito legal. Conta cunha ampla experiencia en proxectos de computer vision con compañías como ILUX Visual Technologies ou El Ranchito. É consultora de IA para Illusorium Studios e desenvolve solucións innovadoras que potencien a eficiencia e creatividade do estudo. Participou en numerosas iniciativas de divulgación tecnolóxica, como a coordinación na Coruña da exposición AI: More than Human, unha mostra internacional do Barbican Centre centrada nos desenvolvementos científicos e creativos da intelixencia artificial. É secretaria xeral en AI Assemble, unha asociación que impulsa a aplicación ética e colaborativa da IA no sector audiovisual.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.