Licenciada en Intelixencia Artificial pola The University of Manchester, onde completou os seus estudos co Master of Engineering en IA. Desenvolve a súa actividade profesional como consultora e deseñadora de proxectos baseados en intelixencia artificial, para empresas tanto nacionais como internacionais, en sectores como medicina e ciencias da sa...
Licenciada en Intelixencia Artificial pola The University of Manchester, onde completou os seus estudos co Master of Engineering en IA. Desenvolve a súa actividade profesional como consultora e deseñadora de proxectos baseados en intelixencia artificial, para empresas tanto nacionais como internacionais, en sectores como medicina e ciencias da saúde, efectos visuais, animación, turismo ou ámbito legal. Conta cunha ampla experiencia en proxectos de computer vision con compañías como ILUX Visual Technologies ou El Ranchito. É consultora de IA para Illusorium Studios e desenvolve solucións innovadoras que potencien a eficiencia e creatividade do estudo. Participou en numerosas iniciativas de divulgación tecnolóxica, como a coordinación na Coruña da exposición AI: More than Human, unha mostra internacional do Barbican Centre centrada nos desenvolvementos científicos e creativos da intelixencia artificial. É secretaria xeral en AI Assemble, unha asociación que impulsa a aplicación ética e colaborativa da IA no sector audiovisual.
Ver biografía completa