Ciclo - 8º Ciclo de Cinema Galego-Portugués. Vigo. 25 e 26 de setembro de 2026

8º Ciclo de Cinema Galego-Portugués

Mulleres, Patrimonios, Sociedade Ciclo

8º Ciclo de Cinema Galego-Portugués

Vigo. 25 e 26 de setembro de 2026
Vigo
Ciclo
Mulleres, Patrimonios, Sociedade

8º Ciclo de Cinema Galego-Portugués

Vigo. 25 e 26 de setembro de 2026 Vigo
O ciclo de cinema galego-portugués naceu co obxectivo de poñer en diálogo Galicia e Portugal a través do cinema, cunha atención especial ás mulleres e á súa relación co patrimonio, a memoria e o territorio como espazos de creación, conflito e transformación social. Dende a súa primeira edición en Braga en 2018, o ciclo pasou por Vigo, Arcos de Valdevez, Verín, Guimarães, Tui e Ponte de Lima, e consolidouse como un proxecto transfronteirizo de referencia para pensar as historias compartidas entre ambos os países desde unha perspectiva feminista. Nesta oitava edición, o ciclo regresa a Vigo.

O programa deste ano pon o foco na biografía colectiva das mulleres coa obra Crías (2026) de Xiana do Teixeiro, que busca os espazos onde a escritura e a vida se entrelazan e explora a posibilidade de realizar unha película-arquivo como unha especie de ‘contra biografía’ colectiva que pode representar como foi a adolescencia de tantas mulleres.

A programación complétase coa proxección de Mulheres, Terra, Revolução (2025) de Rita Calvário e Cecília Honório, un documental que recupera o papel das mulleres rurais portuguesas nas loitas pola terra e evidencia a construción das identidades políticas femininas. En diálogo con esta peza, Cienfuegos, 1913 (2008) de Margarita Ledo aborda outra biografía ligada á emigración e á historia do século XX.