Presentación - Acto de homenaxe – Presentación en lembranza de Francisco Redondo Abal. 29 de setembro de 2026 - 18:30 horas

Acto de homenaxe – Presentación en lembranza de Francisco Redondo Abal

CCG. Acolle | Presentación

Acto de homenaxe – Presentación en lembranza de Francisco Redondo Abal

29 de setembro de 2026 - 18:30 horas
Santiago de Compostela
CCG. Acolle | Presentación

Acto de homenaxe – Presentación en lembranza de Francisco Redondo Abal

29 de setembro de 2026 - 18:30 horas Santiago de Compostela
A presentación do libro Un demócrata fronte á barbarie fascista. Enrique Peinador Porrúa, republicano galeguista (1902-1940) de Francisco Xavier Redondo Abal serviranos para afondar na figura do histórico galeguista Enrique Peinador e, ao tempo, como homenaxe de amigos e amigas, comunidade académica e comunidade universitaria ao autor do libro, tristemente falecido o 20 de febreiro de 2026, aos 61 anos de idade.

Francisco Redondo, nado en Pontevedra e licenciado en Xeografía e Historia, foi investigador e traballador da Universidade de Santiago de Compostela, onde exerceu o cargo de director da Biblioteca de Física e Óptica e Optometría. Ten unha longa obra publicada centrada na memoria histórica do país, a historia da represión franquista e especialmente na recuperación da vida e obra de bibliotecarias e arquiveiras. Colaborou con numerosas institucións, formaba parte do Grupo Histagra da USC e da Sección de Patrimonio do Consello da Cultura Galega.

A súa derradeira obra, Un demócrata fronte á barbarie fascista. Enrique Peinador Porrúa, republicano galeguista (1902-1940) , recupera a biografía do avogado, masón e galeguista militante de Izquierda Republicana, que foi asasinado polos franquistas o 27 de abril de 1940 en Madrid, tras un consello de guerra irregular que o condenou, xunto a outras 43 persoas, polo seu compromiso coas liberdades democráticas e cunha Galicia que empezaba a crear o seu propio futuro. A súa defensa do réxime constitucional e lexítimo e o seu labor como xuíz no Comité Provincial de Investigación Pública, foron algunhas das causas polas que a Ditadura quixo facer con el un axustizamento exemplarizante.

O estudo constitúe unha mostra máis do compromiso de Francisco coa Memoria Histórica e do seu uso como un vehículo, non só de recuperación histórica, senón tamén de xustiza.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202
MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
CCG. Acolle | Presentación
Acto de homenaxe – Presentación en lembranza de Francisco Redondo Abal
Cando
29 de setembro de 2026 - 18:30 horas
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202