Perspectivas do coleccionismo na arte contemporánea
13 de outubro de 2026 Santiago de Compostela
No marco de Aberto 2026, a inauguración conxunta da temporada expositiva de todas as galerías que forman parte da Asociación Contemporánea Asociación de Galerías de Arte Contemporánea de Galicia, a Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas do Consello da Cultura Galega organiza unha xornada dedicada ao coleccionismo contemporáneo, un espazo de reflexión e diálogo arredor do papel que desempeñan as coleccións e os seus protagonistas no ecosistema artístico actual. A sesión reunirá a José Luis Pérez Pont, María José Rodríguez e Paulo Tavares, que achegarán as súas diferentes perspectivas.
O obxectivo desta xornada é xerar un espazo de intercambio de ideas no que analizar os retos e as oportunidades do coleccionismo na actualidade, a súa capacidade para impulsar a creación artística e a súa contribución á conservación, difusión e construción do patrimonio cultural. A través destas experiencias e reflexións, o público poderá coñecer diferentes formas de entender o compromiso coa arte contemporánea e o papel que desempeñan as coleccións na configuración do panorama cultural. Este encontro está dirixido a profesionais do ámbito cultural, artistas, investigadoras e investigadores, coleccionistas e todas aquelas persoas interesadas na arte e no patrimonio contemporáneo. Estará moderado por Lucía Suárez, presidenta de Contemporánea. Asociación de Galerías de Arte Contemporánea de Galicia.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
LUGAR Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202
MÁIS INFORMACIÓN www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Xornada
Perspectivas do coleccionismo na arte contemporánea
13 de outubro de 2026 Santiago de Compostela
16:30 horas
Presentación da xornada
16:45 horas
Conferencia José Luis Pérez Pont, crítico de arte e comisario de exposicións
17:30 horas
Conferencia María José Rodríguez, presidenta da Fundación DIDAC
18:15 horas
Pausa
18:30 horas
Conferencia Paulo Tavares, coleccionista privado
19:15 horas
Coloquio
Modera: Lucía Suárez, presidenta de Contemporánea. Asociación de Galerías de Arte Contemporánea de Galicia
20:00 horas
Peche da xornada
LUGAR Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202
MAÍS INFORMACIÓN www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
ASISTENCIA A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Xornada
Perspectivas do coleccionismo na arte contemporánea
13 de outubro de 2026 Santiago de Compostela
Solicita a túa inscrición
Perspectivas do coleccionismo na arte contemporánea