O ciclo “De pioneiras e andainas”, impulsado polo CDIF desde o ano 2009, procura homenaxear o legado e o traballo de mulleres destacadas de Galicia a través do seu traballo e as súas experiencias. Nestas xornadas interveñen persoas expertas, investigadoras e, nalgúns casos, as propias protagonistas. Figuras como Elena Ferro, Marta Bobo, María Xosé Agra Romero ou Nieves Fernández Vidueira foron xa homenaxeadas neste ciclo nos últimos tres anos.
De pioneiras e andainas
Margarita Ledo Andión. O punto de vista involucrado no feito
Margarita Ledo Andión. O punto de vista involucrado no feito
29 de outubro de 2026Santiago de Compostela
“A escrita do eu, a primeira persoa, a súa militancia ininterrompida, escaravellar para ir cara á verdade do que non por ocultársenos deixa de formar parte da existencia. Por iso no cinema feminista a procura subxectiviza e incorpora a mirada e a sensación de quen o realiza, esa pasarela entre ti, a cámara e a imaxe. Entre ti e as palabras”.
Margarita Ledo Andión
No feito está inscrita a experiencia da mirada. O punto de vista que sabe das palabras, pero tamén dos corpos e dos afectos. Escrita, cine e política da experiencia. Así poderiamos sintetizar anos de traballo incesante, de abrir camiños para a democracia e o recoñecemento nacional de Galicia. Abrir camiños para as mulleres cineastas, para un xornalismo de país que recolla nos feitos os puntos de vista daquelas que respiraron nas marxes.
Imposíbel resumir nun título, ou nunha xornada, o facer e a creación de Margarita Ledo Andión. A súa dedicación ao xornalismo, á poesía ou ao cinema. A súa contribución á universidade pública é un fito: facer realidade a Facultade de Ciencias da Comunicación en Santiago de Compostela e converterse na primeira muller decana. Pioneira como xornalista fundando e dirixindo A Nosa Terra. Como cineasta filma o século XX calcetando con varios fíos a esfera pública e privada das mulleres; creando “unha historia amorosa entre corpo e cámara, entre ese corpo que é cámara e esa mirada que é o corpo, un discurso que expande as súas raíces ata recoñecer outras influencias que seguen percutindo con seus dedos detrás da porta”.
O ciclo “De pioneiras e andainas” naceu no ano 2009, impulsado polo Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello da Cultura Galega (CDIF-CCG), para homenaxear o legado e o traballo de mulleres destacadas de Galicia. Neste 2026, oxalá esta xornada e esta homenaxe sirvan de búsola para ese Eu plural que necesitamos na loita pola liberdade, polo dereito a ser carne-poema.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
LUGAR Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202
MÁIS INFORMACIÓN www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Margarita Ledo Andión. O punto de vista involucrado no feito
29 de outubro de 2026Santiago de Compostela
Sesión da mañá
09:45 horas
Presentación
10:00 horas Margarita Ledo Andión, cineasta da nosa memoria Carmen Ciller, profesora da Universidad Carlos III de Madrid e directora na mesma universidade da Escuela de Posgrado de Humanidades y Comunicación
Presenta: Carme Adán, docente de Filosofía
11:00 horas Presentación da Cartografía de Margarita Ledo Andión Mariám Mariño Costales, técnica do CDIF-CCG
11:30 horas
Pausa
12:00 horas Furar os silencios Xisela Franco, cineasta Lorena López, escritora Rosa Aneiros, escritora
Modera: Xina Vega, membro do CDIFSesión da tarde
16:30 horas Mar Mato conversa con Margarita Ledo Andión
17:30 horas A doa que rola Tereixa Navaza, xornalista Eva Veiga, escritora Soliña Barreiro, docente da USC Adriana Villanueva, produtora creativa de Illa Bufarda
Modera: Belén Puñal, docente e xornalista
18:30 horas
Peche
Coordina: Carme Adán
LUGAR Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202
MAÍS INFORMACIÓN www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
ASISTENCIA A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.