Proxecto Epístola

----

Xunta de Galicia

[entidade gubernamental]
Data Título Orixe-Destino Tipo [ O. ]
Data Título Orixe-Destino Tipo [ O. ]
1984-03-24
Carta de Agustín Sixto Seco (Patronato Rosalia de Castro) a Camilo José Cela. 1984
Padrón - Palma de Mallorca
epístola Orixinal -
1985-03-21
Carta de José B. Abraira a Lois Tobío Fernández, 1985.
Bos Aires - Madrid
epistola Orixinal - Transcrición

Transcripción da Carta de José B. Abraira a Lois Tobío Fernández, 1985. en 21/03/1985

Buenos Aires, Marzal 21 de 1985

Sr. Dn.
Luis Tobío
Bonetero 5
Madrid

Mui estimado amigo e dilecto irmao:
Por fin acadei noticeas suas; fai tres anos tratei de velo en Madrid e non puiden atopalo. O ano pasado, cando fun acompañando os restos mortaes de Castelao, pensei atopalo en Galicia: crein que a Xunta invitaría de xeito especial as primeiras figuras do galeguismo historico. Non invitaron a naide; agás Martinez Lopez, todos os demais como Paz Andrade, del Riego etc. estaban mesturados ca muitedume. Isa e a Autonomía que nos tocou en sorte.
Creo que onte mesmo escribiulle a Vde. a filla de Dn. Manuel Puente. Fai un tempo apareceron nos escaparates das librerias de Bs. Aires exemprares de unha nova edición da Historia de Galiza que en Montevideo estivera a cuidado de Vde. E di mui campante "con licecia de los herederos de Dn Manuel Puente". Sorprendida Rosita falou conmigo e eu dixenlle que se dirixira a Vde, pois a edición ten pe de imprenta en Madrid. Permitinme esta molestia a Vde por ser conocedor do problema; e eu persoalmente ei de agradecerlle vexa e aconselle o que debe facerse.
Según puiden saber en Galicia está Vde. un tanto ao marxen das liortas e seitores do quefacer politico do galeguismo, puiden notar que sigue gozando do prestixio que sempre mereceu entre os "bos e xenerosos" incluso lamentaban non estivera vostede en Galiza muita xente nova: estudantes etc...
E por hoxe ren mais querido Don Luis; presente os meus saudos a sua dona e Vde reciba unha aperta de quen o segue considerando mestre.

Abraira [sinatura autógrafa]

1985-08-31
Carta de Manuel Meilán a Lois Tobío Fernández, 1985.
Montevideo - Madrid
epistola Orixinal - Transcrición

Transcripción da Carta de Manuel Meilán a Lois Tobío Fernández, 1985. en 31/08/1985

Montevideo, agosto 31 do 1985

Sr. D.
Luis Tobío:
Madrid

Benquerido amigo.
Unhas liñas para lle dar a tristeira noticia do pasamento do noso común amigo Xesús Canabal ocurrido o xoves 29 dun paro cardiaco namentras durmia. Tiña 88 anos, pero moi ben de físico e de mente. Voltara desa o sabado 24. Fora a recibir a medalla Castelao que lle otorgou a Xunta -
Foixenos, xusto cando "Sempre en Galicia" (outra das suas preocupacións) cumpre o día 3 de setembre trinta e cinco anos. Daquel fato de bos e xenerosos somentes sobrevivimos voste e mais eu - No persoal vou "remando" son 81 xa cumpridos en xulio - Alegrareime que voste este como eu e, si elo e asi, e ten gañas, agradeceríalle un saudo pra este aniversario que cumprimos sempre recordando aquel 2 de setembre de 1950, cando gravamos a permeira audición ¿Recorda?
Ren mais. [?] Saudos de Chela e meus pr'a sua dona e vosté
Unha forte aperta
Meilán [sinatura autógrafa]

1987-00-00
Carta de Alfredo Conde a Camilo José Cela. 1987
Santiago de Compostela -
epístola Orixinal -
1987-04-00
Carta de Agustín Sixto Seco (Patronato Rosalia de Castro) a Camilo José Cela. 1987
Santiago de Compostela -
epístola Orixinal -
1988-05-11
Telegrama de Alfredo Conde a Camilo José Cela
Santiago de Compostela - Palma de Mallorca
epístola Orixinal -
1988-05-21
Telegrama de Agustín Sixto Seco (Patronato Rosalia de Castro) a Camilo José Cela. 1988
-
epístola Orixinal -
1996-01-08
Carta de Gloria Moure (CGAC) a Camilo José Cela. 1996
Santiago de Compostela - Guadalajara
epístola Orixinal -
1996-02-28
Carta de Marina Toba a Camilo José Cela. 1996
Santiago de Compostela -
epístola Orixinal -
1996-03-18
Carta de Marina Toba a Camilo José Cela. 1996
Santiago de Compostela -
epístola Orixinal -