Fundación Pública Galega Camilo José Cela
Fotografía da fachada das Casas dos Canónigos de Alberto Rey
Foi constituída polo propio Camilo José Cela no ano 1986 e tras 25 anos en funcionamento como institución privada pasou en xuño de 2012 a converterse nunha fundación do sector público autonómico coa consideración de medio propio e instrumental da Xunta de Galicia.
Na Fundación consérvase o inxente legado que Camilo José Cela doou de forma gratuíta e para a posteridade e que engloba dende unha completa colección dos seus manuscritos a unha biblioteca composta por más de 48.000 volumes, unha hemeroteca de más de 40.000 exemplares de publicacións periódicas, un epistolario de 95.000 cartas de case 13.000 personalidades distintas da vida social e cultural da segunda metade do século XX, unha pinacoteca de ao redor de 2.000 obras orixinais entre pinturas, óleos, gravados, debuxos, etc., así coma centos de títulos, condecoracións e centos coleccións de todo tipo. Un conxunto único no mundo que a converte nunha das coleccións de autor máis importantes a nivel nacional e internacional.
Covadonga Rodríguez del Corral
Directora-Xerente
Fundación Pública Galega Camilo José Cela
2
| Data | Título | Orixe-Destino | Tipo | [ O. ] |
|---|---|---|---|---|
| Data | Título | Orixe-Destino | Tipo | [ O. ] |
| 1991-06-29 | Carta de Isaac Díaz Pardo a Camilo José Cela. 1991 |
Santiago de Compostela - Guadalajara | epístola | Orixinal - |
| 2000-01-18 | Carta de Guillermo Rojo a Camilo José Cela. 2000 |
Santiago de Compostela - Madríd | epístola | Orixinal - |


