Proxecto Epístola

----

Izquierda Republicana

[partido político]
Data Título Orixe-Destino Tipo [ O. ]
Data Título Orixe-Destino Tipo [ O. ]
1935-04-23
Carta de Xosé Filgueira Valverde a Manuel Gómez Román. Pontevedra, 23 de abril de 1935
Pontevedra -
epístola Orixinal - Transcrición

Transcripción da Carta de Xosé Filgueira Valverde a Manuel Gómez Román. Pontevedra, 23 de abril de 1935 en 23/04/1935

Pontevedra 23,abril,1935

Sr.Don Manuel Gómez Román
Segredario Xeral do Partido Galeguista

Meu querido amigo e irmán:
A miña baixa do Partido Galeguista,en cuia creación e desenrolo tanto teño traballado non podía producirse nin dun xeito espectacular na Xuntante de nontronte,nin dun xeito sorrateiro ,encomendando ao cobrador que deixase de me pasar o recibo. Teño concencia dabondo dos meus deberes políticos e cos vencellos de irmandade que nos axuntarán sempre ,inda que a política nos arrede,pra entregar á pasión un feito doooroso mais necesario,como este(...)