Proxecto Epístola

----

Museo Provincial de Lugo

Co fin de reunir e protexer os bens do patrimonio cultural lucense, en 1932, a Deputación de Lugo acorda crear o Museo Provincial de Lugo, vontade que se materializa dous anos máis tarde coa apertura no Pazo de San Marcos. En 1957 trasladouse ao antigo convento de San Francisco.
Data Título Orixe-Destino Tipo [ O. ]
Data Título Orixe-Destino Tipo [ O. ]
1973-11-12
Carta de Fole a Seoane. 1973
Lugo - A Coruña
epístola Orixinal - Transcrición

Transcripción da Carta de Fole a Seoane. 1973 en 12/11/1973







Lugo, doce do mes de Difuntos do ano setenta e tres.

Señor don Luis Seoane. A Cruña.

Meu querido amigo:

Acabo de visitar, por segunda vez, a túa Eisposición de grabados da librería Alonso. Xa tes oito vendidos, catro grandes i-autros tantos pequenos. Alí me dixo a irmá de José María que cecáis viñeses eiquí un día d-istes. Un dos teus grabados foi adequerido pró Museo. Aló está xa.
Supoño que xa haberás chegado ás túas mans o número do domingo do Progreso, ca ampra noticia ilustrada sobor de ti e máis da túa obra.
A túa eisposición é moi visitada, especialmente por rapazas e rapaces estudantes. O autro día estiven na Cruña, na ceremonia académica do recibimento de Marino. O aito resultóu moi ben. Canseime de saudar a moitos amigos de toda Galicia. De volta, ceamos en Betanzos, sin agardar pol-o banquete da Academia. Por iso non poiden dispoñer de tempo pra me achegar á túa casa, como levaba pensado de intento.
Cas miñas agarimosas lembranzas pra Maruxa, unha forte aperta.
Anxel
Estiven en Santiago e faléi con Domingo. Cecáis dispoña de unhas horas pra se achegar a Lugo e visitar a Eisposición.

Anxel Fole