20/06/1973 Carta de Luís Bouza-Brey Trillo a Lois Tobío Fernández, 1973. / <!--singular LT-->Fondo: Lois Tobío no seu arquivo persoal / FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Proxecto Epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Luís Bouza-Brey Trillo a Lois Tobío Fernández, 1973.

20/06/1973
Fermín Bouza BreyLuis Bouza-BreyLois Tobío Fernández
Compartir en

Luis Bouza-Brey Trillo
ABOGADO
Villagarcía de Arosa

Calvo Sotelo, 14-1º
Teléfono: 139

20-6-73
Sr. D. Luis Tobío Fernández
Madrid.

Meu querido Luis:
Recibín no seu tempo a túa sentida carta de pésame pola morte de Fermín, á que somente podo poñerme a contestar hoxe, despois de estar oito días en cama con outa frebe por unha infección gripal.
Moitas gracias por ela e polas memoranzas que contén, que me enchen de saudade dos tempos idos.
O tempo escoa, Luis, e nós xa estamos valeirando a cleisidra [sic].
Miñas lembranzas pra a túa dona e fillos e ti recibe unha forte e agarimosa aperta de este vello amigo
Luis Bouza-Brey [sinatura autógrafa]

FICHA DOCUMENTAL