01/01/1979 Carta de Seoane a Fernández del Riego. 1979 / <!--Epistolario singular LS--> Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. / FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Proxecto Epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Seoane a Fernández del Riego. 1979

01/01/1979
Francisco Fernández del RiegoEvelina Hervella NietoLuís SeoaneMaruxa Seoane
Compartir en

LUIS SEOANE
Buenos Aires, 1º de Enero de 1979
Sr. D. Francisco Fernández del Riego
Vigo

Meu querido Del Riego:
Recibín a tua do 21 do mes pasado. Esta chegaráche entrado o 79, si chega. De calquer xeito, nos estaremos en Galicia na primeira quincena de febreiro. Xa falaremos entón de moitas cousas. Xa terás o exemplar de Imáxenes de Galicia, mandeino tan pronto como tiven exemplares. Pra min a importancia que ten, penso, é a de rescatar mitos e feitos históricos galegos que non tiveron, na sua maioría, expresión gráfica algunha. Penso voltar e, coma ti, penso manterme “fora de xogo”. Estarei soio pra o meu traballo. Gostaríame redactar, non sei si terei folgos pra elo, un libro de memorias no que, si non importantes os feitos meus, sí se reflexe o ambente e a lembranza das persoas que foron meus amigos dunha xeneración, a nosa, pra Galicia. Penso en esto a miudo. Quixera non ter a sensación de que todos nos perdimos os anos traballando sin ter por qué.
Xa falaremos moi pronto. Unha grande aperta, a primeira do ano 79, pra Evelina e pra ti, desexándovos Maruja i eu un 1979 feliz.
Seoane

FICHA DOCUMENTAL
  • Forma parte do conxunto:
  • Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane.
  • Data:
    01/01/1979
  • De:
    Luís Seoane
  • Para:
    Francisco Fernández del Riego
  • Orixe:
    Bos Aires
  • Destino:
    Vigo
  • Ficha descritiva:
    [Carta mecanografada con firma autógrafa e o membrete:]
  • Metadatos: