00/06/1946 Carta da Comisión encargada de realizar os actos conmemorativos polo Décimo Aniversario do Estatuto de Galicia a Lois Tobío Fernández, 1946. / <!--singular LT-->Fondo: Lois Tobío no seu arquivo persoal / FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Proxecto Epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.
Fondo: Lois Tobío no seu arquivo persoal

Carta da Comisión encargada de realizar os actos conmemorativos polo Décimo Aniversario do Estatuto de Galicia a Lois Tobío Fernández, 1946.

00/06/1946 Lois Tobío mantén numerosos lazos de colaboración coas entidades galegas na emigración e no exilio, colaborando nos diversos actos que organizan ao longo dos anos.
Compartir en

Conmemoración do Décimo Aniversario
do Estatuto de Galicia
–––––––––––
COMISIÓN ORGAIZADORA

CHACABUCO 955 T. A. 26. 1790

ENTIDADES QUE A INTEGRAN:
FEDERACIÓN DE SOCIEDADES GALLEGAS
CENTRO LUCENSE
CENTRO PONTEVEDRÉS
CENTRO CORUÑES
CENTRO ORENSANO
IRMANDADE GALEGA
CENTRO GALLEGO
(AVELLANEDA)

*

Buenos Aires, Junio de 1946.-


Distinguido conterraneo:

A coleitividade galega da Arxentina, vai a conmemorar con dous grandes aitos o 10º aniversario do Estatuto de Galicia, data histórica da máis outa importancia pra o porvir da nosa Terra.
Estes aitos terán lugar os dias 28 e 30 de xuño; unha reunión cívica e un gran banquete, respectivamente.
Para esta patriótica conmemoración solicitamos a súa afervoada solidariedade.
Ao poñer no seu coñecimento esta labor dos residentes galegos de esta Capital, aproveitamos o intre pra saudálo coa nosa cordial estima.

Pol-a Comisión Organizadora.


José Quintáns - Secretario Antonio Alonso - Presidente

[sinaturas autógrafas]

FICHA DOCUMENTAL