Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Seoane a Fernández del Riego. 1974

15/01/1974
Luís FalciniFrancisco Fernández del RiegoEvelina HervellaSimón ScheimbergLuís SeoaneMaruxa Seoane
Compartir en

LUIS SEOANE
Buenos Aires, 15 de Xaneiro de 1974
Sr. D. Francisco F. Del Riego
Vigo

Meu querido amigo:
Recibín o teu pésame con motivo do pasamento de miña nai nesa, en Xixón. Agradézovos moito, a Evelina e a tí, este testemuño da vosa amistade. Cando saímos de Madride, miña nai atopábase ben, foi repentina a súua morte, falloulle o corazón. Eu continúo moi deprimido. Poidemos estar xunto con ela de sospeitar que podía estar mal si nos fose doado preveer o que ten de ocurrir. O 73 foi por moitos motivos un ano malo pra nós, morreron dous grandes amigos que penso tí coñeciches, o escultor Falcini e o Dr. Scheimberg; tivemos o accidente, no que, aparte das feridas de un e outro, perdín tres meses de traballo, etc. Non quero escribir mais nada encol de todo esto. Póñome pesimista, un vai morrendo dia a dia. O traballo ten de nos salvar de matinar encol destas cuestiós.
Soio quero agradecérevos as frases que nos enviáchedes. En canto a todo xa falaremos en outra oportunidade. Adiántoche que recibín bastantes libros no ano que pasei ahí. Non recibín o Nº 40 de Grial. Fai que mo remitan. Gracias. Recibide Evelina e tí unha grande aperta de Maruja e miña:
Seoane
[Escrito na marxe inferior:] Montevideo, 1985-13º-Dpto. 68

Ficha documental [Imprimir]
  • Forma parte do conxunto:
  • Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane.
  • Data:
    15/01/1974
  • De:
    Luís Seoane
  • Para:
    Francisco Fernández del Riego
  • Orixe:
    Nova York
  • Destino:
    Vigo
  • Ficha descriptiva:
    [Carta mecanografada e o membrete:]
  • Termos clave: