Fondo: Lois Tobío no seu arquivo persoal
Carta de Emilio Pita a Lois Tobío Fernández, c.1962.
00/00/1962Querido Tobío:
Eiquí deixoche isto, para que poidas engadilo as follas que xa che deixei.
Agardo que sirva.
Agradézoche moito todalas túas atenciós, e perdóame a demora, pero todo foi por cousas alleas a miña millor vontade.
Voltarei por Montevideo dentro duns 15 días. Non puden comunicarme contigo por teléfono.
Deica axiña e outra vez moitas gracias.
Unha aperta de
Pita [sinatura autógrafa]
––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––
Gárdame ben o Cancioneiro. Gracias
Pita [sinatura autógrafa]


