Proxecto Epístola

----

Santiago de Compostela (municipal), Santiago de Compostela (comarcal), A Coruña (provincial)

Data Título Orixe-Destino Tipo [ O. ]
Data Título Orixe-Destino Tipo [ O. ]
1978-03-11
Carta de Paz Andrade a Martínez Lopez. 1978
-
epístola Orixinal - Transcrición

Transcripción da Carta de Paz Andrade a Martínez Lopez. 1978 en 11/03/1978

Vigo, 11 de marzo de 1978


Sr. Don
RAMÓN MARTÍNEZ LÓPEZ
Académico
General Pardiñas, 7 – 6º B
Santiago de Compostela


Querido Ramón:

Recibo a túa carta, acompañada da que escribe Don Manuel Esteban Nistal González, contento a aspiración de ser nomeado Profesor Numerario de Formación empresarial sin Oposición.
No próximo viaxe a Madrid, tentaréi facer unha xeStión directa, cerca da Dirección Xeral de Enseñanzas Medias, en favor do teu recomendado. Non conozo ben a mecánica d-este tipo de promoción, mais sospeito que será difícil prescindir do trámite da oposición, tan específico do centralismo español ainda imperante.
De calquera xeito informareite dos resultados da miña tentativa que ogallá sexa favorable pra o teu recomendado.
Recibe unha cordial aperta do teu sempre incondicional amigo,

pa/fr.
VALENTÍN PAZ-ANDRADE