Vicente Risco (1884-1963) / Fondo: Lois Tobío no seu arquivo persoal / PROXECTO EPÍSTOLAS / FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Fondo: Lois Tobío no seu arquivo persoal

----

Vicente Risco (1884-1963)
Fondo: Lois Tobío no seu arquivo persoal

Político galeguista conservador e intelectual membro da xeración Nós.
Temos 14 epístola/s relacionada/s con Vicente Risco (1884-1963) en Fondo: Lois Tobío no seu arquivo persoal
Data Título Orixe-Destino Relación [ O. ]
Data Título Orixe-Destino Relación [ O. ]
Carta de Sebastián Martínez-Risco a Manuel Puente, sen data.
Bos Aires - Montevideo
Mencionado/a Orixinal - Transcrición

Transcripción da Carta de Sebastián Martínez-Risco a Manuel Puente, sen data.

Manuel Puente

COPIA DO ESCRITO POR DON SEBASTIAN MARTINEZ RISCO

“Despóis, e aparte de outras cousas que merescen trato mais axeitado e detido, informaréino de que fai xa días establecin contaito co noso común e ademirado amigo Otero Pedrayo encol dos estremos de que vostede me falou, e que por refirirense a Historia de Galiza, que vostede xenerosamente patrocina, teñen pra nos o meirande intrés, a saberen: parte de Prehistoria: mapa xeral, e parte do idioma. Do que Otero Pedrayo me di, podo resumir istas noticias:
Que vostedes dispoñen xa de orixinaes para un ou dous volumes, de preliminares, cos materiaes seguintes:

Prólogo-Resume da Historiografia galega … Otero
Esquema xeolóxico………………Parga
Esquema biolóxico ....………… Iglesias
Introdución xeográfica………… Otero
Etnografia e Folklore ………… Risco e Lorenzo

De iste derradeiro traballo-etnográfico e folklórico dime Otero que e obra de primeira man, e que soio a súa pubricación daría categoría internacional a Historia. Da súa Introducción xeográfica, engádeme que leva ilustración cartográfica e fotográfica.
Da parte da Prehistoria (materia de outro tomo), dime que está feita polo noso chorado Florentino L. Cuevillas, e fáltale somente a ilustración, que está facendo Xoaquín Lorenzo, inda que coa lentitude que lle impoñen as suas ocupaciós. E que ista parte de Prehistoria irá cando se rematen as ilustraciós.
Sobor do traballo do idioma, seica Iglesia Alvariño empezou outro, pro non fixo nada. Habia que nomear outro redaitor, encol de cuio punto escribiúlle Otero a Lois Tobio, indicando a Isidoro Millán, que o faria ben. Non embargantes, cree que isto non e impedimento prá saida dos preliminares, porque entende que o traballo da lingoa pode ir na Alta Edade Meia, é decir, no comén de isa edade.
Díxome, en fin, que apurará o mapa xeral, ainda que sin coñecer o formato da obra, non poderá rematarse a confección. Que sobre esto escribe a Tobio, e que o seu xuicio a ventaxe diste mapa e relativa, tendo en contra que o preliminar leva moitos mapas rexionaes e de comarcas.
Iso e todo o que podo informarlle, amigo Don Manuel sobor do encárrego que me deu. Aledaréime de que as novas lle sexan úteis para botar a andar esa obra, tan agardada, verdadeira honra de Galicia e de vostede non dúbide en pedirme que lle amplie a información si o precisa. Cantas axudas lle prestemos con ise gallo, serán poucas.-“

[sen asinar]
-----------------------------------------------------------------------

1961-02-03
Carta de Ramón Otero Pedrayo a Lois Tobío Fernández, 1961.
Trasalba - Montevideo
Mencionado/a Orixinal - Transcrición

Transcripción da Carta de Ramón Otero Pedrayo a Lois Tobío Fernández, 1961. en 03/02/1961

Trasalba, Ourense 3 do febreiro 1961

Sr. D. Lois Tobio
Meu querido e lembrado amigo: Sua carta tróuxome a meirande alegría. Estiven de viaxe. Por iso demorei a resposta. Escribireille con regolaridade. Eiquí os amigos colabouradores desconfían da pubricación. Soio ca saída de un bó volume renascería o entusiasmo. Xa lle escribirei con mais calma. Istas letras son soio de agradecimento. Vai a concrusión do prólogo xeográfico. Pois iso e non Xeografía é o meu traballo. Cecáis estaria ben unha Bibliografía xeográfica de Galiza. O mapa grande vaise demorar moito. ¿Que tal unha boa fotografía do Venerable Fontán?. É grande e boa a ilustración cartográfica. Mire si fai falla algunha fotografía maís, por exempro, de Vigo.. A Prehistoria pode estar en pouco tempo. Igual a hestoria dos Peleníraxes por Carro.. Do demais hai moito traballado e sin orgaizar.. O interesante é a pronta saída do volume de Etnografía, verdadeira obra prima, que xa perde por o moito tempo de agarde. O Risco xa non traballa con gosto máis do que en cousas literarias.. Enfín, dentro de dous días lle escribirei.. Sua carta devolveume a confianza. Saudos da miña muller. Lembranzas na sua casa. E ós amigos
Sempre seu vello aluminador [¿?]
R. Otero Pedrayo [sinatura autógrafa]

1961-02-11
Carta de Ramón Otero Pedrayo a Lois Tobío Fernández, 1961.
Ourense - Montevideo
Mencionado/a Orixinal - Transcrición

Transcripción da Carta de Ramón Otero Pedrayo a Lois Tobío Fernández, 1961. en 11/02/1961

Ourense 11 febreiro 61

Sr. D. Lois Tobío - Montevideo

Querido e lembrado amigo: Estou moi ledo ca nova orgaización da que xa foi chamada a "Grande e Xeneral Estoria". Débolle falar con absoluta sinceridade. O empeño precisaría unha verdadeira orgaización e unha forte base económica. Os colabouradores propostos ou os mais desconfían. A vida é dura e os traballos de investigación lentos. Custan moitos as tempadas nos arquivos e as fotocopias. Sin falar por hoxe do orixinal en poder de Vde. vóulle mañifestar o estado do traballo: A) feita, con ben poucos engadidos e notas por Xaquín Lourenzo, a Prehistoria, por o inesquescente Cuevillas: b) feito un volumen enteiro de historia das Pelerinaxes dende as orixes deica hoxe por S. Xesús Carro: Vde sabe seu caraiter; quixo traballar soio; c) de Idade Meia por Ferro e por mil listas de fontes no Arquivo Histórico Nacional cuias papeletas eu gardo; d) de Idade Moderna tamen moita nota de fontes. Pro hai de esculcalo todo ben deitamente ben pagando fotocopias. Hai tamén moitas fontes de outros arquivo de época celto-román di Bouza ter traballado moito; quedamos en que a outra Idade Meia a fixera Ferro e a baixa Ferro ou Filgueira facendo dende logo Filgueira a Poesia medieval. No sei si cumprira. Chamoso Lamas fará non o dubide a historia do Arte. Eu quedeime co XVIII e XIX, fora [?] da cultura, e traballo moito. Coido que en dous anos podo ter rematados os dous volumes. ¿E o demais? ¿Que se mete co XVI e XVII? Compre unha nova orgaización e moito diñeiro. Por o pronto será gran cousa que saia a Etnografía. O Risco está vello e doente. Coido que sere orixinal está cheo de cravos.. Saidos os dous, ou o Tomo [¿?], xeografía, xeoloxía, bioloxía, etnografía –hai de pensar no demais a base de non seguire un orde cronolóxico esaito.. Enfin, agardo a sua opinión e sigo traballando no meu. Ben sei que D. Manuel gastou en [¿?] moito diñeiro. Debeu ser ouxeto de algun engano nas imprentas. Pidolle a sua opinión. Francamente sin cartos os mais dos colabouradores non traballan entendendo honorarios de investigación e de obras feitas. Falarei con Aquilino sobre o tratado de historia da lingoa que pode saír en calquer tempo. Escríbame. Saudos na casa. Sempre o vello amigo

R. Otero Pedrayo [sinatura autógrafa]

1961-05-11
Carta de Ramón Otero Pedrayo a Lois Tobío Fernández, 1961.
Trasalba - Montevideo
Mencionado/a Orixinal - Transcrición

Transcripción da Carta de Ramón Otero Pedrayo a Lois Tobío Fernández, 1961. en 11/05/1961

Trasalba, Ourense, 11 do maio 1961.
Sr. D. Lois Tobío
Montevideo

Meu querido Tobío:
Apertas. Pensando sempre nos amigos sobre todo nos de lonxe nista verde soedá trasalbesa escondida polo canto do cuco. ¡Que ben nestora comendo churros na Ferradura por as nove da mañán e mirando víbrar as torres cas balaladas da Ascensión!.. Eíqui os colabouradores da "Historia" pensada por Manuel Puente mañifestanse esceuticos, procuran non falar do problema quezáis por non amolarme a min. En tantos anos a Etnografia –non penso no introito xeografico– poido ter dado bos froitos e enqueito o nome galego en todo o mundo culto.. O traballo do Risco ten valeiros. O Risco xa non está pra traballos fortes. Peteira lixeiramente en materias literarias e deixase levar por a vaidade. Si a Etnografía saira co nome de Risco voltaría o seu verdadeiro rango.. O proieuto require – por agora e soio pra "internos"– si se levar adiante outra orgaización, cunha forte base económica e unha oficina ou centro reitor e orgaizado con ficheiros e todo o necesario. Cos cartos empregados teñense feito milagres. Pro hoxe a vida está moi outa. ¿Como se vai soster un inquerito de meses en arquivos? Eiquí hai unhas pesetas de Puente o meu nome na Sucursal do Banco da Cruña en Ourense, unhas 23 ou 30 mil que non emprego agardando novas guías. O volume da Prehistoria e o das Pelerinaxes en conxunto están dispostos pra ben logo. Do demais hai calicatas esporadicas. Eu teño moito do XVIII e XIX e en dous anos podería arranxar maís dun volume. Son un vello, 73 feitos. Vou ter con Vde unha correspondencia regular. Quixera saber sua aspiración concreta. Quixera as veces deixar a direición pois non responden eistremados [¿?] na longa agarda do primeiro tomo. Compría un esquema, semellante ou millorado do que se acordou con Seoane. Por certo que Seoane non me puxo nunha soia letra. Na editorial "Citania" estabase imprimindo unha vida anovelada de Rosalía que ali deixei o 59 e non sei como vai. O importante é na "Historia" un criterio e vontade segura. Saudos na casa. Sempre o vello amigo que moito lle quere
Ramón Otero Pedrayo [sinatura autógrafa]

1961-07-30
Carta de Ramón Otero Pedrayo a Lois Tobío Fernández, 1961.
Trasalba - Montevideo
Mencionado/a Orixinal - Transcrición

Transcripción da Carta de Ramón Otero Pedrayo a Lois Tobío Fernández, 1961. en 30/07/1961

Trasalba 30-VII-61
Sr. D. Luis Tobío
Montevideo

Querido amigo: Moi ledo ca sua carta. Devolvolle o esquema xeografico. Coido que así vai ben. Trátase de un limiar xeográfico e non de unha xeografía. E concedín moito as chamadas dos ríos e da costa. Penso que a cartografía é do millor. Mandarei unha presa máis de fotos. Quixera saber en canto tempo. Eiquí domina a preguiza. Escríballe a Parga. Estou abraiado ca morte súpeta de Aquilino Iglesia Alvariño. Estiven co il o 27 en Sant Yago, tan bon e ledo e bebedan. Morreu o 28 cando xa eu estaba eiquí. Xa o libro tén de levar unha necroloxía. Hai que procurar quen faga a historia da lingoa pra pubricar polo común da Idade Meia. Quezais Isidoro Millán González Pardo, ¿? ativo de Pontevedra. Estarei en Sant Yago mañán e buscarei consello. Non sei si a Introducción vai coa Etnografía. Coido que non. Pois abultaría demais o volume. Estou contento agora novamente por mirar pubricada a Etnografía. O pior vaí ser a revisión. O Risco non está hoxe para traballos serios. De todos xeitos pídalle cando tería a sua idea xeneral da obra. Eiquí os mais desconfían ca longa demora. Hanse animare o locir a portada impresa. Saudos na casa. E ó filliño. Con apertas a Canabal grande, puro e cerme galego, e o apaixoado e consecoente Crestar.. Penso que M? Risco-Macías deixaria ben posto noso pabellón e seu nome. Adeus. Sempre o vello amigo
Ramon Otero Pedrayo [sinatura autógrafa]

1962-05-07
Carta de Fritz Krüger a Lois Tobío Fernández, 1962.
Mendoza - Montevideo
Mencionado/a Orixinal - Transcrición

Transcripción da Carta de Fritz Krüger a Lois Tobío Fernández, 1962. en 07/05/1962

UNIVERSIDAD NACIONAL DE CUYO
FACULTAD DE FILOSOFÍA Y LETRAS
–––––––––––––––––––
INSTITUTO DE LINGÜÍSTICA
––––––––––––––––––
P. MENDOCINAS 605
MENDOZA
(REP. ARGENTINA)
––––––––––––
DIRECTOR

Instituto de Lingüística
Patricias Mendocinas 605

Mendoza, mayo 7 de 1962.-

Señor Dr.
LUIS TOBIO
José Benito Lama Nº 2941
MONTEVIDEO (R. O. del Uruguay)

Estimado Dr.:
He recibido noticias del Sr. Prada, de Buenos Aires, referentes a la impresión de la "Historia de Galicia".
Según me anuncia el Sr. Prada, la obra parecerá pronto, en este caso no será necesario que me envíe las pruebas. De todos modos le anticipo que los artículos de mi interés son los de V. Risco y J. Lorenzo.
Reciba mis felicitaciones, que hago extensivas a los demás colaboradores.
Lo saludo cordialmente.
Dr. Fritz Krüger [sinatura autógrafa]
Director

1962-06-29
Carta de Fritz Krüger a Lois Tobío Fernández, 1962.
Mendoza - Montevideo
Mencionado/a Orixinal - Transcrición

Transcripción da Carta de Fritz Krüger a Lois Tobío Fernández, 1962. en 29/06/1962

UNIVERSIDAD NACIONAL DE CUYO
FACULTAD DE FILOSOFÍA Y LETRAS
–––––––––––––––––––
INSTITUTO DE LINGÜÍSTICA
––––––––––––––––––
P. MENDOCINAS 605
MENDOZA
(REP. ARGENTINA)
––––––––––––

Instituto de Lingüística
Patricias Mendocinas 605

Mendoza, junio 29 de 1962.-

Señor Dr.
LUIS TOBIO
José Benito Lama Nº 2941
MONTEVIDEO (R. O. del Uruguay)

Estimado Dr.:
Hago referencia a mi carta del 7 de mayo ppdo., y como ya informara en otra oportunidad al señor Prada, estoy preparando un trabajo sobre "La cultura popular y dialectología en España", contribución a la Enciclopedia de Lingüística Hispánica del Consejo Superior de Investigaciones Científicas de Madrid, tomo II.-
Pienso que sería muy oportuno presentar y aprovechar en esta ocasión los trabajos de V. Risco y J. Lorenzo. Desearía tener alguna noticia, a la brevedad posible, sobre la aparición de estos artículos.-
Lo saludo muy cordialmente.
Dr. Fritz Krüger [sinatura autógrafa]
Director

1962-07-04
Carta de Lois Tobío Fernández a Fritz Krüger, 1962.
Montevideo - Mendoza
Mencionado/a Orixinal - Transcrición

Transcripción da Carta de Lois Tobío Fernández a Fritz Krüger, 1962. en 04/07/1962

LUIS TOBIO
Montevideo, 4 de julio de 1962
Señor
Dr. Fritz Krüguer
Facultad de Filosofía y Letras
Patricias Mendocinas 605
MENDOZA

Estimado Dr. Krüguer:
He recibido sus dos atentas cartas y en respuesta a las mismas he de comunicarle que tengo a su disposición un juego de pliegos impresos de los estudios de los Sres. Risco y Lorenzo por los que Ud. se interesa.
Sírvase decirme si se lo puedo enviar por correo ordinario aunque temo que por este procedimiento tarde mucho en llegar a sus manos, según mis experiencias recientes. En otro caso le agradeceré me comunique el medio de envío que debo utilizar.
La aparición de los dos tomos (introducción) de la Historia de Galicia se ha demorado más de lo esperado por obstáculos imprevistos. De todos modos los estudios aludidos se encuentran ya integramente impresos.
Con mis cordiales saludos,
[sen asinar]

LT/PC

1962-07-18
Carta de Fritz Krüger a Lois Tobío Fernández, 1962.
Mendoza - Montevideo
Mencionado/a Orixinal - Transcrición

Transcripción da Carta de Fritz Krüger a Lois Tobío Fernández, 1962. en 18/07/1962

UNIVERSIDAD NACIONAL DE CUYO
FACULTAD DE FILOSOFÍA Y LETRAS
–––––––––––––––––––
INSTITUTO DE LINGÜÍSTICA
––––––––––––––––––
P. MENDOCINAS 605
MENDOZA
(REP. ARGENTINA)
––––––––––––


Mendoza, julio 18 de 1962.-

Señor Dr.
LUIS TOBIO
José Benito Lamas 2941
MONTEVIDEO - Uruguay

Estimado señor:
Aviso recibo de su carta del 4 del corriente.
En cuanto a los estudios de los Sres. Risco y Lorenzo , tenga a bien enviármelos por correo ordinario, impresos. Entiendo que van acompañados de fotos y láminas, por las que tengo sumo interés.
También aquí tropezamos con grandes dificultades para imprimir libros. Pareciera que los impedimentos, en lo que a publicaciones concierne, no difieren entre aquel país y éste.
Le agradezco me indique el título definitivo de la obra.
Reciba mis cordiales saludos y felicitaciones.
Dr. Fritz Krüger [sinatura autógrafa]
Director

1962-07-24
Carta de Lois Tobío Fernández a Fritz Krüger, 1962.
Montevideo - Mendoza
Mencionado/a Orixinal - Transcrición

Transcripción da Carta de Lois Tobío Fernández a Fritz Krüger, 1962. en 24/07/1962

LUIS TOBIO
Montevideo, 24 de julio de 1962
Señor
Dr. Fritz Krüguer
Universidad de Cuyo
Facultad de Filosofía y Letras
Patricias Mendocinas 605
MENDOZA

Estimado Dr. Krüger:
Acabo de recibir su carta de 18 de los corrientes y he de anunciarle que hoy mismo le remito en dos paquetes por correo ordinario, como impreso certificado, los estudios de los Sres. Risco y Lorenzo.
De las láminas a que Ud. alude solamente hay cuatro que representan mantas en colores de confección popular y sus motivos ornamentales. No van ahora pero se las remitiré bajo sobre en cuanto pueda.
El título de la obra es "Historia de Galiza publicada baixo a dirección de Ramón Otero Pedrayo". Montevideo 1962. El trabajo de Risco va en el volumen I y el de Lorenzo en el volumen II.
Deseándole buena recepción del envío y con mis más atentos saludos,
[sen asinar]

LT/PC

1962-07-31
Carta de Fritz Krüger a Lois Tobío Fernández, 1962.
Mendoza - Montevideo
Mencionado/a Orixinal - Transcrición

Transcripción da Carta de Fritz Krüger a Lois Tobío Fernández, 1962. en 31/07/1962

UNIVERSIDAD NACIONAL DE CUYO
FACULTAD DE FILOSOFÍA Y LETRAS
–––––––––––––––––––
INSTITUTO DE LINGÜÍSTICA
––––––––––––––––––
P. MENDOCINAS 605
MENDOZA
(REP. ARGENTINA)

Mendoza, 31 de julio de 1962.-

Señor Dr.
LUIS TOBIO
J. B. Lamas 2941
MONTEVIDEO - Uruguay

De mi mayor consideración:
Supongo que habrá recibido mi carta de ayer, donde le avisaba recibo de las publicaciones de los Sres. Lorenzo Fernández y Risco.
No puedo expresar en pocas palabras la profunda impresión que recibí al hojear y examinar las páginas de esta extraordinaria obra. Uno de los días más felices de mi vida ha sido éste, en que veo terminada la obra del amigo Lorenzo Fernández y en buena marcha la del amigo Risco. Verdaderamente, es difícil decir lo que hay que admirar más: la enorme diversidad del material, la exactitud perfecta de la descripción, la excelente documentación gráfica o la presentación. En todos los aspectos la obra es magnífica, un modelo de trabajo que honra a todos los colaboradores y a Galicia. Además, ¡los recuerdos personales que encuentro a cada paso..! La vida y cultura gallega revividas, en una grata coincidencia, en el artículo que sobre la casa rural publicara Lorenzo Fernández primeramente en alemán en la revista hamburguesa "Volkstum und Kultur der Romanen", hace más de 20 años.
Felizmente puedo comprender y valorar todo lo que encierra la modesta aclaración que aparece al final: "A edición estivo ó coidado de Lois Tobío".
Mis más sinceras felicitaciones a todos al mecenas que subvencionó la obra, haciendo así posible una publicación de tanta envergadura, a los colaboradores especialistas de primer orden en su materia, a los que debieron enfrentarse con los arduos problemas técnicos de la impresión y que tan airosamente los han resuelto. Sin duda, pocas regiones de España cuentan con una publicación tan bien documentada y presentada.
Voy a mandar copia de esta carta que en forma concisa expresa mis aplausos, a los señores Puente, Prada, Lorenzo Fernández, Vicente Risco y Otero Pedrayo.
Ahora algunos detalles:
Al hablar de láminas me referí precisamente a las que aparecen con tanta abundancia en la obra como ilustraciones, no a láminas coloreadas.
Con respecto a ellas, pienso que sería muy oportuno reproducir algunas –se entiende que con la autorización del Sr. Puente (copy right)–, en la contribución "Cultura popular y dialectal en España", que preparo para la Enciclopedia Lingüística Hispánica publicada por el Consejo Superior de Investigaciones Científicas de Madrid. Supongo que en alguna oportunidad tendré a mi disposición los originales; desde luego sería una selección muy reducida, por ej. fig. 43, 477.
Sería conveniente agregar una bibliografía al final de la obra.
Si bien ando muy ocupado con otras tareas –aquel artículo urgente– voy a hacer lo posible por publicar una reseña o reseñas sobre la Historia de Galiza, no sé todavía si en España, EE.UU. o Alemania (en una revista de etnografía general); por lo tanto me interesa saber si la obra ya ha salido en la Ed. Nos.
Le reitero mis felicitaciones y mi profundo agradecimiento.
Dr. Fritz Krüger [sinatura autógrafa]
Director

1962-08-21
Carta de Lois Tobío Fernández a Fritz Krüger, 1962.
Montevideo - Mendoza
Mencionado/a Orixinal - Transcrición

Transcripción da Carta de Lois Tobío Fernández a Fritz Krüger, 1962. en 21/08/1962

LUIS TOBIO
Montevideo, 21 de agosto de 1962
Señor
Dr. Fritz Krüger
Universidad Nacional de Cuyo
Facultad de Filosofía y Letras
Patricias Mendocinas 605
MENDOZA, Rep. Argentina

Estimado Dr. Krüger:
He recibido sus dos cartas últimas en las que me comunica haber recibido los pliegos que le envié de los trabajos de Risco y Lorenzo y expresa sus laudatorios comentarios sobre los mismos.
Espero poder mandarle dentro de breves días los últimos pliegos y las láminas del trabajo de Risco. La edición quedará enteramente terminada dentro de algunas semanas. Por consiguiente, puede Ud., en su trabajo, referirse a la obra como ya publicada.
Tengo la seguridad de que no habrá el menor inconveniente en que Ud. reproduzca en su trabajo las ilustraciones que desee. Yo me encargaré de obtener del Sr. Puente la autorización necesaria. Indíqueme las ilustraciones que le interesan para remitirle los originales.
Agradezco en lo que a mí respecta, las frases amables que dedica a la obra y al modesto papel que en su edición he cumplido. Me complace que le haya impresionado tan favorablemente, pues la opinión de quien, como Ud. es alta autoridad en la materia, resulta invalorable.
Aprovecho la ocasión para enviarle mis más atentos saludos,
[sen asinar]

RC/PC

1962-08-27
Carta de Lois Tobío Fernández a Fritz Krüger, 1962.
Montevideo - Mendoza
Mencionado/a Orixinal - Transcrición

Transcripción da Carta de Lois Tobío Fernández a Fritz Krüger, 1962. en 27/08/1962

LUIS TOBIO

Montevideo, 27 de agosto de 1962

Señor
Dr. Fritz Krüger
Universidad Nacional de Cuyo
Facultad de Filosofía y Letras
Patricias Mendocinas 605
MENDOZA

Estimado Dr. Krüger:
Según le prometía en mi carta del 21 del corriente le remito adjunto los últimos pliegos y las láminas en color del trabajo de Vicente Risco. El último capítulo del estudio sobre la cultura espiritual ha sido redactado, como Ud. verá, por el Sr. Pita, a quien tal vez Ud. conozca, pues reside en ese país.
Le reitero que estoy a sus órdenes para lo referente a las ilustraciones que quiera reproducir en el estudio que tiene en preparación.
Con mis más afectuosos saludos,
[sen asinar]

LT/PC

1962-09-19
Carta de Fritz Krüger a Lois Tobío Fernández, 1962.
Mendoza - Montevideo
Mencionado/a Orixinal - Transcrición

Transcripción da Carta de Fritz Krüger a Lois Tobío Fernández, 1962. en 19/09/1962

UNIVERSIDAD NACIONAL DE CUYO
FACULTAD DE FILOSOFÍA Y LETRAS
–––––––––––––––––––
INSTITUTO DE LINGÜÍSTICA
––––––––––––––––––
P. MENDOCINAS 605
MENDOZA
(REP. ARGENTINA)
––––––––––––
DIRECTOR


Mendoza, setiembre 19 de 1962.-

Señor
LUIS TOBIO
J. B. Lamas 2941
MONTEVIDEO - Uruguay

De mi mayor consideración:
He recibido su carta del 27 de agosto ppdo.
También los pliegos desde la página 761 hasta el final, y las láminas coloreadas, desde el I al IV. Estoy muy agradecido.
Mientras tanto he recibido contestación de Lorenzo Fernández.
Los trabajos de Risco y Lorenzo, que forman parte de esa estupenda obra, se encuentran en mi poder, completos.
Muy agradecido por sus múltiples atenciones, lo saludo cordialmente.

Dr. Fritz Krüger [sinatura autógrafa]
Director