Laxeiro (1908-1996) / Colección: Valentín Paz Andrade con Isaac Díaz Pardo / PROXECTO EPÍSTOLAS / FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Colección: Valentín Paz Andrade con Isaac Díaz Pardo

----

Laxeiro (1908-1996)
Colección: Valentín Paz Andrade con Isaac Díaz Pardo

Coñecido como Laxeiro, foi un pintor que manifesta a través da súa obra un distanciamento do naturalismo rexionalista da época a través da fusión entre modernidade e tradición.
Temos 2 epístola/s relacionada/s con Laxeiro (1908-1996) en Colección: Valentín Paz Andrade con Isaac Díaz Pardo
Data Título Orixe-Destino Relación [ O. ]
Data Título Orixe-Destino Relación [ O. ]
1964-05-18
Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1964
O Castro [parr. Osedo, conc. Sada] - Vigo
Mencionado/a Orixinal - Transcrición

Transcripción da Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1964 en 18/05/1964

Castro, 18.5.1964



Sr. D. Valentín Paz-Andrade
Vigo


Querido Valentín:

Agradezo moito a tua do 16 cte. especialmente pola parte que me toca na tua expresión de que «quedará un pouco mutilado» o esforzo dos entusiastas de Lugo si fallamos a ela Seoane i-eu. Con respeuto a miña obra eu non penso o mesmo.
En troques, úrxeme decirte que remitín a Luís e Laxeiro as bases do concurso, que me deches para iles, e por suposto, limiteime a enviarllas sen dicir ren de que eu non pensaba asistir, e inda hoxe no tiven resposta. ¿Que debo faguer? ¿Enviarei algún cuadro de Luís? Me puxeche en un apreto de dúbidas. Preferiría que ti mo dixeras interpretando a intenzón de Luís – interpretazón que a min me e totalmente imposibre- i-eu fago o que ti digas e cho agradezo de verdade.
Penso, coma ti, que deben alentarse isas manifestazós culturaes coma o esforzo distes homes de Lugo, cuio mérito no poderá negar ninguén. Iste sentir fíxenllo coñecer a iles, ós de Lugo, ó agradecerlles a invitazón e faguerlles coñecer que por principio eu non participaba en mostras onde había concurso, inda fóra dil; salvando o cal me teñen a min e a miña laboura a súa disposizón. E coma non me gusta ter reservas mentais non teño incomenente en ofrecer unha eispricación máis ampria si se me pide. Se queres podes enviarlle a presente ós siñores de Lugo, a quen sego recoñecido.
Calisquer día estaremos por Vigo, pro ti, que con tanta frecuencias ves a lidiar no Foro da Cruña, sería unha bendizón que viñeras sempre a xantar connosco, sen avisar e acompañado de quen queira que veñas, pois inda que non xantaredes, craro, coma na Rúa dos Olmos, a rubida por Montouto compensa tudo.

A Pilar, Alfonso, nosa viva lembranza de todos os dista casa. A ti, unha tensa aperta do teu sempre amigo.

[Isaac Díaz Pardo]

1964-05-21
Carta de Paz Andrade a Díaz Pardo. 1964
- Osedo
Mencionado/a Orixinal - Transcrición

Transcripción da Carta de Paz Andrade a Díaz Pardo. 1964 en 21/05/1964

21 de mayo de 1964


Sr.D. Isaac Díaz Pardo
Sada, Osedo
La Coruña


Querido Isaac:

Abro agora a túa e contesto de camiño. Non-o fago por presumir de dilixencia epistolar, mais porque hoxe debo saír a Madri deica o domingo. Nesta tempada teño máis desprazamentos previstos a Cibeles que á Torre de Hércules. O 29 debo voltar alá.
Penso que hai tempo pra que Luís conteste. Na dúbida hai que absolver. Ou sexa, decidirse pol-a solución favorable. Ti podrías escoller dou ou tres cadros de Luís e con outros tantos teus poñelos a disposición dos orgaizadores.
De Laxeiro non sei nada. Supoño que autorizará á muller pra que mande algunha cousa.
Enviarei a copia da carta ao Presidente do Círculo de las Artes. Cando lle envíes os cadros debes advertirlle que van fóra de concurso, no caso de que en definitiva pensedes en facelo así.
O Faro de Vigo publicóu o editorial no noso idioma, no día dezasete, Festa das Letras Galegas. Como ves, algo se vai conseguindo. Seguimos traballando arreo no do Banco.
Pensa en dar unha volta por Vigo co-a tua xente. Cordial aperta para Mimina e pra os varóns da casa do noso trío familiar.

Valentín