Manuel Chamoso Lamas (1909-1985) / Colección: Otero Pedrayo con Antonio Fraguas / PROXECTO EPÍSTOLAS / FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Colección: Otero Pedrayo con Antonio Fraguas

----

Manuel Chamoso Lamas (1909-1985)
Colección: Otero Pedrayo con Antonio Fraguas

Como comisario da Primera Zona de Defensa do Patrimonio Artístico Nacional, foi o máximo responsable do patrimonio en Galicia. Manuel Chamoso Lamas, naceu na Habana o 16 de maio de 1909 e faleceu na Coruña o 24 de abril de 1985. Foi un arqueólogo e escritor galego.

O seu nome aparecerá frecuentemente na documentación: desde a súa intervención tratando de localizar as esculturas do Mestre Mateo retiradas polo conde de Ximonde do Museo da Catedral en xullo de 1948 ata a súa correspondencia coa condesa de Ximonde en 1954 aconsellándoa sobre a venda das esculturas ao Estado para evitar que saísen de Galicia. Foi o comisario adxunto da Exposición Internacional de Arte Románica de 1961 e recibiu presións directas por parte dos administradores de Franco para incluír no catálogo as esculturas dos profetas do Mestre Mateo que foran trasladadas dende o Concello de Santiago ao Pazo de Meirás como “Propiedad de S.E. el Jefe del Estado”.

Máis información na Wikipedia
Temos 4 epístola/s relacionada/s con Manuel Chamoso Lamas (1909-1985) en Colección: Otero Pedrayo con Antonio Fraguas
Data Título Orixe-Destino Relación [ O. ]
Data Título Orixe-Destino Relación [ O. ]
1948-11-29
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
-
Mencionado/a Orixinal -
1948-12-03
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
-
Mencionado/a Orixinal -
1949-03-07
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
-
Mencionado/a Orixinal -
1956-05-18
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
-
Mencionado/a Orixinal -