Xosé Núñez Búa (1903-1981) / Epistolario de Ricardo Carballo Calero / PROXECTO EPÍSTOLAS / FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Epistolario de Ricardo Carballo Calero

----

Xosé Núñez Búa (1903-1981)
Epistolario de Ricardo Carballo Calero

Mestre, avogado e xornalista. Director do Colexio León XIII en Vilagarcía de Arousa. Secretario de Propaganda do Partido Galeguista e vicepresidente da Deputación de Pontevedra en 1936. Ao comezo da Guerra Civil, Valentín Paz-Andrade axudouno a cruzar a fronteira de Portugal. Exíliase en Bos Aires.
Temos 1 epístola/s relacionada/s con Xosé Núñez Búa (1903-1981) en Epistolario de Ricardo Carballo Calero
Data Título Orixe-Destino Relación [ O. ]
Data Título Orixe-Destino Relación [ O. ]
1932-11-01
Carta de Paz Andrade a Carballo Calero. 1932
Vigo - Ferrol
Mencionado/a Orixinal - Transcrición

Transcripción da Carta de Paz Andrade a Carballo Calero. 1932 en 01/11/1932

[Vigo], 1 novembre 1932


Sr. Don Ricardo Carballo Calero
Ferrol

Querido Ricardo:

Ainda hoxe me foi entregada a tua carta do 19 derradeiro, dirixida a-o Pueblo. Das outras cartas non sei, pois é a primeira que recibo d-ese Grupo, despois das que teño escrito a Valerio, en resposta a outras d-él.
Da Segredaría de Propaganda encarregouse de novo Núñez Búa, a-o que trasladaréi a tua petición. Mellor será que indiquedes xa o día, e posto que vides desenrolando unha laboura dinámica, podedes orgaizar otro pol-a tarde n-un pobo perto d-esa vila. Dende logo conven que vaian a-o mitin Picallo e Castelao, e cecais Bóveda. Eu iréi na segunda tanda, pra outro que se orgaice.
Felicítovos cordialmente por esa actividade. Non agardabamos tanto, os que do Ferrol tiñamos conocimento antigo e certo. Adiante, pois.
Farei mañán a xestión que encargas pra a adeministración do Pueblo.
Lembranzas a todol-os irmáns d-ese puxante agrupamento e ti recibe unha forte aperta do teu sempre amigo e compañeiro


[V. Paz-Andrade]