Luís Seoane (1910-1979)
Epistolario de Ricardo Carballo Calero
Nacido en Bos Aires en 1910, nunha familia de emigrantes galegos, residiu en Galicia desde 1916, onde se formou como avogado e como artista á beira de mestres como Carlos Maside, en Compostela. Militante no galeguismo republicano, fuxiu da represión de 1936 e retornou á súa cidade natal, onde foi acollido por un grupo de intelectuais antifeixistas arxentinos (Frontini, Romero, Cóppola, Córdova) e artistas galegos como Blanco Amor ou Manuel Colmeiro. Na cidade de Bos Aires desenvolveu unha grande actividade cultural como deseñador, editor, creador literario, gravador e pintor, tanto no seo da cultura arxentina como entre a colectividade de emigrados e de exiliados republicanos. Dirixiu durante vinte anos o xornal Galicia do Centro Gallego e participou na actividade de editoras como Emecé, Nova, Losada ou Botella al Mar, sempre en estreita colaboración con amigos galegos como Lorenzo Varela, Rafael Dieste e Arturo Cuadrado, alén de moitos exiliados españois como Rafael Alberti ou Francisco Ayala.A súa integración na cultura arxentina foi moi intensa, como mostra este epistolario. Pero tamén foi decisiva a súa contribución para manter viva a cultura galega herdada da experiencia da II República, grazas a un contacto permanente con figuras como Fernández del Riego, Paz-Andrade, García-Sabell, Carlos Maside ou Aquilino Iglesia Alvariño. Con todo, o principal enlace con Galicia foi, desde finais dos anos cincuenta, o artista plástico e empresario ceramista Isaac Díaz-Pardo, con quen fundou o Laboratorio de Formas de Galicia e un ambiciosos proxecto de renovación cultural, organizado arredor do grupo Sargadelos.
Desde os anos sesenta fixo periódicas viaxes a Galicia, sen abandonar de modo definitivo Bos Aires. Morreu na cidade da Coruña en abril de 1979 e deixou un inmenso legado que, en gran parte, foi depositado na Fundación Luís Seoane (A Coruña), que promoveu con entusiasmo a súa viúva, Maruxa Fernández, finada en 2003.
Conrado Alem é un seudónimo que Seoane utiliza en Correo Literario xunto ao de Maximino Brocos e que mantén noutras publicacións contemporáneas e posteriores.
| Data | Título | Orixe-Destino | Relación | [ O. ] |
|---|---|---|---|---|
| Data | Título | Orixe-Destino | Relación | [ O. ] |
| 1960-09-14 | Carta de Seoane a Carballo Calero (1960) |
Bos Aires - Lugo | Remitente |
Orixinal -
Transcrición
Transcripción da Carta de Seoane a Carballo Calero (1960) en 14/09/1960Buenos Aires, 14 de setembro de 1960 |
| 1960-09-30 | Carta de Carballo Calero a Seoane (1960) |
Lugo - Bos Aires | Destinatario/a |
Orixinal -
Transcrición
Transcripción da Carta de Carballo Calero a Seoane (1960) en 30/09/1960Lugo, 31 [sic] de setembro de 1960 |
| 1972-03-02 | Carta de Seoane a Carballo Calero (1972) |
Bos Aires - Santiago de Compostela | Remitente |
Orixinal -
Transcrición
Transcripción da Carta de Seoane a Carballo Calero (1972) en 02/03/1972 Buenos Aires, 2 de Marzo de 1972 |
| 1972-03-09 | Carta de Carballo Calero a Seoane (1972) |
Santiago de Compostela - Bos Aires | Destinatario/a |
Orixinal -
Transcrición
Transcripción da Carta de Carballo Calero a Seoane (1972) en 09/03/1972Instituto Nacional de Enseñanza Media “Rosalía de Castro”/ Profesorado/ Santiago de Compostela] |


