Tomás García-Lugín / / PROXECTO EPÍSTOLAS / FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

----

Tomás García-Lugín

Curmán de Rosalía e fillo da súa tía, María de Castro Abadía, que estaba casada con Tomás García-Lugín Armero. O matrimonio García-Lugín de Castro tivo outros cinco fillos: Carmen, Mª Socorro, Mª Concepción, José e Manuela. Con estes primos compartira Rosalía os tempos de Santiago en que participara nas actividades do Liceo de la Juventud. Segundo J. A. Durán, cando Rosalía chega a Madrid, foi á casa da súa tía María que quedara viúva recentemente, onde a esperaban tamén os seus primos Carmen e Tomás.

Fontes
Barreiro Fernández, Xosé Ramón (2012). Murguía. Vigo: Galaxia.
Caamaño Bournacell, José (1968). Rosalía de Castro, en el llanto de su estirpe. Madrid: Ediciones Biosca.

Referencias web
Durán, J.A. (s.d.) “Rosalía de Castro en Madrid”. La cueva de Zaratustra. link (consulta 3-2-14)
Temos 0 epístola/s relacionada/s con Tomás García-Lugín en
Data Título Orixe-Destino Relación [ O. ]
Data Título Orixe-Destino Relación [ O. ]
-