Pedro Eugenio Aramburu (1903-1970)
Militar e político arxentino, gobernante de facto do país, autotitulado presidente (1955-1958), durante a ditadura militar. En 1962 fundou a Unión del Pueblo Argentino (UDELPA), partido co que se presentou ás eleccións de 1963. En 1970 foi secuestrado e asasinado pola organización guerrilleira Montoneros.
4


