Santiago Montero Díaz (1911-1985)
Profesor e ideólogo que militou no comunismo e o falanxismo. Tras a derrota dos fascismos, Montero Díaz refúxiase novamente na súa cátedra universitaria en Madrid. O seu nome volve á palestra dos servizos de información franquistas, cando Montero Díaz participa na oposición antifranquista na universidade en 1965. É sancionado, perde a cátedra varios anos e exíliase a Chile.
9


