Correo Literario
espazos artísticos
Revista literaria editada por un grupo de exiliados galegos entre 1943 e 1945 co fin de dar a coñecer ao público latinoamericano algunhas das manifestacións culturais de Galicia. Fundárona en Bos Aires Lorenzo Varela, Arturo Cuadrado e Luís Seoane aos poucos meses da desaparición de De mar a mar. Dirixida por Seoane, destacan tamén as colaboracións gráficas de Colmeiro e doutros artistas arxentinos. Tiña un formato de periódico tabloide, ilustrado con fotografías e debuxos, impresos a dúas ou tres tintas, onde se recollía información artística literaria.
Os primeiros números eran quincenais, para pasar logo a ser mensuais. Os seus contidos programáticos poden resumirse en orientación americanista, enfoque político internacional en favor das democracias, posición antifranquista, identificación entre cultura e liberdade, promoción de iniciativas culturais de amplo alcance e afirmación do universalismo fronte ao nacionalismo.
| Data | Título | Orixe-Destino | Tipo | [ O. ] |
|---|---|---|---|---|
| Data | Título | Orixe-Destino | Tipo | [ O. ] |
| 1944-09-07 | Carta de Zani a Seoane. 1944 |
Punta del Este - Bos Aires | epístola |
Transcrición
Transcripción da Carta de Zani a Seoane. 1944 en 07/09/1944Chalet “ESTE” |
| 1949-00-00 | Carta de Cuadrado a Luís e Maruxa Seoane. 1949 |
- | epístola |
Transcrición
Transcripción da Carta de Cuadrado a Luís e Maruxa Seoane. 1949 en 00/00/1949[1949] |


