Opinión Gallega
Fondo: Xosé María Álvarez Blázquez no seu arquivo persoal
Esta publicación é continuadora do xornal El Orensano. Ambos periódicos eran o órgano oficial do Centro Orensano e do Centro Pontevedrés de Bos Aires. Tiña como obxectivo contribuír á «elevación moral, intelectual y económica de la colectividad y la coordinación del esfuerzo común en pro de Galicia». Informa da vida societaria das devanditas entidades, incluíndo noticias da colectividade, sobre todo no eido cultural e nas actividades das asociacións galeguistas. Complétase con informacións sobre Galicia, principalmente das súas provincias de referencia, e artigos que abordan a realidade galega dende diferentes ámbitos, nos que colaboran intelectuais galeguistas. Presta unha especial atención ás noticias sobre o Consello de Galiza, o Estatuto de Autonomía e Galeuzca.
4


