Galicia [Bs As 1930]
Este xornal foi editado pola Federación de Sociedades Gallegas en la República Argentina en 1930, como unha continuación de El Despertar Gallego, antigo voceiro da Federación desde 1922 ata a publicación deste semanal. Concede unha especial atención á situación española, con informacións e comentarios sobre a mesma, nos que, a pesar dos cambios de tendencia ideolóxica da Federación, manifesta claramente o seu republicanismo e tras a guerra civil española, a súa oposición á política franquista. Informa das actividades da Federación e das sociedades que forman parte dela ("Crónicas de Sociedades federadas"), noticias de Galicia e da situación da colectividade (criticando a determinadas asociacións polos seus postulados políticos). Tamén inclúe artigos literarios e culturais, que ocupan xeralmente a última páxina da publicación ("Artes y Letras"). Nos anos 1943 e 1944, por problemas de carácter político, tivo que cambiar a súa cabeceira e pasou a denominarse Boletín de las Sociedades Gallegas Federadas e Acción Gallega.| Data | Título | Orixe-Destino | Tipo | [ O. ] |
|---|---|---|---|---|
| Data | Título | Orixe-Destino | Tipo | [ O. ] |
| 1972-03-10 | Carta de Seoane a Díaz Pardo. 1972 |
Bos Aires - O Castro [parr. Osedo, conc. Sada] | epístola |
Transcrición
Transcripción da Carta de Seoane a Díaz Pardo. 1972 en 10/03/1972Buenos Aires, 10 de marzo de 1972 |


