Colección: Valentín Paz Andrade con Isaac Díaz Pardo

----

TEMÁTICA: Seminario de Estudos Galegos
Colección: Valentín Paz Andrade con Isaac Díaz Pardo

En 1978 creouse o Novo Seminario de Estudos Galegos, con sede en Santiago de Compostela, recollendo o nome do fundado en 1923 en Ortoño, Ames.
Temos 2 epístola/s relacionada/s con Seminario de Estudos Galegos en Colección: Valentín Paz Andrade con Isaac Díaz Pardo
Data Título Orixe-Destino Tipo [ O. ]
Data Título Orixe-Destino Tipo [ O. ]
1980-08-15
Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1980
Sargadelos - Vigo
epístola Orixinal - Transcrición

Transcripción da Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1980 en 15/08/1980

Sargadelos, 15 de agosto de 1980


Sr. Don Valentín Paz Andrade
Vigo


Benquerido Valentín:

Entre gripes, catarros e o lerio iste da IX Experiencia con 60 seminaristas, entre economistas, sociólogos, arquitectos e xente de teatro, ainda non tiven tempo material de respostar a túa do 21 de xullo derradeiro e de dar trámite ao que me pides. Axiña irán os cadernos do Seminario que che fallan.
Si fuche a Noruega como pensabas ésta a atoparás ao teu regreso. O teu proxecto GALUBRA paréceme bó. Mais non te fies do teu amigo González Seare, sinxelamente porque iste home non é de fiar.
Eu estou moi ledo con esa colección da revista Mondariz que nos ofreces e claro que iremos a recollela se non decides enviala.
Tamén irán axiña exemplares de Pranto Matricial. Eu non agardo a que ti veñas a buscar as cousas.
En canto ao traslado dos restos de Lorenzo Varela vou tratar de facer a xestión co párroco (agora non relembro como se chama pro o saberei o lús) que, según me dixo, pode dispor pra o traslado dos restos de Lorenzo dunha sepultura que foi da familia de Lorenzo e que por prescripción uso, ou algo así, pasara a propiedade á parroquia. Il mesmo pode facer calquer trámite que fose necesario no Axuntamento pois é concellal polo Bloque, aínda que nun Axuntamento de maioría ucedea. Tereite informado.
Tomo boa nota das demais cousas que me dis na túa. Celebrarei que estedes ben e fago votos por ela. Penso que nos veremos no mes que ven. Agora quería só acusar recibo da túa e cumplimentar o que pides.
Pra ti e pra Pilar van apertas moi tensas.


Isaac

1983-12-15
Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1983
Sargadelos - Vigo
epístola Orixinal - Transcrición

Transcripción da Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1983 en 15/12/1983

Sargadelos, 15 de decembro de 1983

Sr. D. Valentín Paz Andrade
Vigo

Benquerido Valentín:

Hai poucos días díronme en Madrid esas fotocopias de traballos de Valentín de Pedro sobre Valle Inclán. Foi nun acto que había moita xente e non podo relembrar quen foi. E ademais teño unha vaga idea quen me dou esos traballos expresamente pra ti.
Vai tamén esa nota –que me chegou entre outras precisando cousas da guerra civil en Galicia– encol do bou no que se mataron os primos de Castelao. Sería ben que ti a confrontases. Penso que non era exactamente así a idea que tiñas. Trátase dun feito importantísimo no que vai tamén unha muller.
Estou pendente de baixar a Vigo, levarte a caricatura de Bagaria e falar.
Por favor, non te esquenzas de cubrir ese pequeno currículum pra a ficha e ara extenderte a tarxeta do Seminario de Estudos Galegos do que te fixeron membro vitalicio do Consello, na pasada Asamblea.
Apertas tensas a Pilar, Alfonso, o neto, e ti